Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Menos erros e custos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Os sistemas dixitais de fichaxe xeran informes personalizados co total de horas traballadas, pausas e interrupcións, o que permite modificar e optimizar os recursos humanos da empresa segundo necesidades. As vendas de sistemas de control de acceso crecen exponencialmente malia que as empresas españolas non están á cabeza.


Malia a radical redución de custos da tecnoloxía e o retorno acelerado dos investimentos nesta área o noso país sitúase por baixo da media europea e por baixo do top 40 mundial en canto a dixitalización das empresas, segundo o World Economic Forum no seu indicador sobre Business Index.

“A dixitalización é unha nova maneira de entender os procesos tecnolóxicos. Un exemplo son as solucións orientadas á produtividade que permiten o aforro de tempo e a  maximización do rendemento. Entre elas, as que teñen que ver coa xestión da xornada laboral” explica Nuño Azcona, CEO de  B+ SAFE. Outro campo crítico ten que ver coa protección da información da empresa, que a miúdo inclúe datos confidenciais. “

Segundo diferentes estudos, o mercado da videovixilancia ingresou 57.000 millóns de dólares en 2019 en todo o mundo, mentres en 2013 era só de 10.000 millóns de dólares. E as vendas de sistemas de control de acceso en EE. UU onde son líderes, pasaron de 2.850 millóns de dólares en 2009 aos  4,47 millóns en 2019. Segundo o estudo de  TomTom (TOM2), case a totalidade das empresas españolas (95%) cre que a tecnoloxía é importante. Entre os factores que animan a investir en tecnoloxía destacan o incremento da produtividade (34%), a mellorar o servizo ao cliente (25%), o aumento das vendas (10%) e a redución dos custos do negocio (8%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)