Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Caen as vendas de vehículos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Despois de sufrir unha caída do -30,8% no total de matriculacións en agosto e acumular un -9,2% nos oito primeiros meses do ano, Ancove considera especialmente preocupante o descenso do -14,3% a particulares no que vai de 2019.


Non obstante, a Asocoación Nacional de Comerciantes de Vehículos advirte de que esta caída de agosto é un dato pouco significativo ao estar distorsionado por un efecto estatístico provocado pola entrada do WLTP hai agora un ano: a compra de coches (automatriculacións) por parte das redes dalgunhas marcas no mesmo mes de 2018 disparou as matriculacións a 107.692 turismos, cun incremento do 48,7% respecto a agosto de 2017, o que explica a forte caída deste ano, pois era impensable que este agosto se chegase ás vendas do mesmo mes de 2018. Así as cousas, o mes pasado matriculánronse 74.490 turismos.

A pesar desta excepción, hai que ter en conta que a entrada este domingo da segunda parte da nova homologación de medición do Nox (óxidos de nitróxeno) denominada RDE (Real Driving Emissions), xerou tamén a necesidade por parte dalgunhas marcas de matricular coches que se quedarían fóra de mercado por non cumprir a nova normativa. Sen embargo, o fenómeno de automatriculacións foi moito menor que o provocado o pasado ano co WLTP (20.019 matriculacións o último día do mes de agosto de 2018). Aínda así, o pasado venres, 30 de agosto (último día hábil), matriculáronse 11.348 turismos (15,2% do total do mes) e o penúltimo día outros 9.373. Así, entre os dous días vendéronse o 27,8% do total do mes.

Pero á marxe dos datos de matriculacións do pasado mes, Ancove entende que o problema de fondo do mercado de matriculacións, moi deprimido pola falta de confianza dos consumidores, segue lastrando as vendas. Nos últimos doce meses (de setembro de 2018 a agosto de 2019) vendéronse 1.231.545 turismos e todoterreos fronte aos 1.358.562 do período equivalente anterior (setembro de 2017 a agosto de 2018), o que supón unha baixada do -9,35%.

Desconfianza

Á vista destes datos, esta asociación considera que existe un problema máis alá das meras distorsións estatísticas, posto que os particulares están totalmente reprimidos ante a desconfianza polo futuro dos coches. “As intencións amosadas, aínda que logo matizadas, polo Goberno de Pedro Sánchez de prohibir os motores de combustión a longo prazo provocaron unha grande incerteza entre os compradores, que prefiren esperar e ver. Unha situación que se plasma na canle de particulares, que rexistra unha caída dun -27,5% en agosto e acumula descensos do -14,3% no que vai de ano”, denuncia Ancove nun comunicado.

Neste sentido, os comerciantes de vehículos esixen devolver a confianza nos coches de combustión, “única alternativa actualmente realista por prezo, por tecnoloxía e por volume de produción”, e critican que “a ambigüidade amosada polo Goberno en funcións sobre o presente, que non o futuro, dos coches de combustión é o verdadeiro problema que está xerando as caídas das vendas, máis alá do debilitamiento económico que se está producindo no conxunto de países da UE”.

Incerteza política

Desta forma, Ancove amosa a súa preocupación pola incerteza política que pode desembocar nunhas novas eleccións xerais, e afirma que, de ser así, será practicamente imposible reverter a tendencia no mercado das vendas de coches novos, o que implicaría que o mercado de matriculacións caia este ano por primeira vez dende 2012, cando as matriculacións descenderon un -13%. “Romperíase unha racha de seis anos consecutivos de vendas nos que se duplicaron os turismos matriculados de 700.000 (2012) a 1,321 millóns (2018)”, advirte.

“As recentes declaracións da Comisión Europea, que lembra a todos os estados membros que coa actual lexislación comunitaria non se pode prohibir a venda dos coches de combustión, é unha excelente oportunidade para que o Goberno poña as cousas no seu sitio. En Ancove entendemos que o mercado do automóbil, tanto de unidades novas como de segunda man, é moi sensible ás mensaxes económicas polo forte investimento que supón a compra dun coche para a gran maioría das familias españolas. Por este motivo, xéranos preocupación que algúns partidos políticos fagan política con el. Dado que só quedan catro meses para rematar o ano, non hai tempo que perder, polo que solicitamos ao Goberno un golpe de efecto que devolva aos compradores a confianza nos coches de combustión, o que pasaría por un plan de achatarramento”, declara Elías Iglesias, presidente de Ancove.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)