Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Manchas por raias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Un ano despois da inauguración do primeiro paso de vaca da historia no centro de Coruña, 4 concellos galegos suúmase hoxe a mudar seus pasos de peóns. Casa Grande de Xanceda segue a impulsando unha iniciativa con éxito non só aquí, senón en medios do resto de Europa e América.


A partir de hoxe os viandantes da Baña, municipio que conta coa parroquia con máis vacas por extensión cadrada de todo Galicia, Mazaricos, primeiro en produción leiteira de España, Santa Comba o quinto que produce máis leite de vaca e Mesía -berce da empresa alimentaria que promove esta fermosa iniciativa- poderán atravesar pasos que lles representen.

“Unha maneira diferente de reivindicar o rural galego e o sector leiteiro, que segue atravesando unha situación preocupante con  luctuacións de prezos e unha diminución constante do consumo de produtos lácteos que afecta as miles de familias galegas que viven del”, aseguran dende Casa Grande de Xanceda.  Xunto a eles instalaranse paneis informativos con datos e curiosidades sobre vacas, leite e produtos.

Para David Barbeira, alcalde de Santa Comba, iniciativas como esta son moi necesarias xa que axudan a “que o rural non sexa abandonado”. Para Juan Blanco, alcalde de Mazaricos, "é unha honra ser dos primeiros concellos en sumarse ao Paso de Vaca" e espera que sexan moitos os que lles sigan. Esta chamada de atención quere que na nosa cesta da compra metamos produtos locais e anima tamén a viaxar aos pobos do interior. José Antonio Pereira, alcalde da Baña, apuntaba que o sector leiteiro achega riqueza ao rural e que iniciativas como Paso de Vaca son fundamentais para reivindicalo e poñelo en valor. Todos os concellos que queiran sumarse ao movemento Paso de Vaca poden visitar a web www.pasodevaca.com, onde atoparán a información que precisen.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)