Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Haberá comisión especial conxunta para abordar a situación da pesca galega ante o Brexit



PUBLICADO O 03 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



O mercado do Reino Unido a nivel de pesca supón o 5 % da actividade de Galicia, con 85 millóns de euros e 138 empresas afectadas, sobre todo en Lugo. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou hoxe traballo conxunto coa conselleira do Mar, Rosa Quintana.


Quintana participou nunha reunión mantida esta mañá na sede da Delegación do Goberno na Coruña. “O Goberno de España e a Comunidade Autónoma fixeron os seus deberes”, subliñou Losada, que agradeceu á conselleira a implicación e comprometeu ter especial interese coa situación dos portos lucenses de Celeiro e Burela, os que teñen máis tráfico de buques británicos.

Rosa Quintana calcula que son 47 barcos os que teñen bandeira británica ou de  Malvinas e que traballan na zona, con preto de 7.000 toneladas de peixe descargadas, por un valor duns 37 millóns de euros.

O Executivo xa tería tratado cos axentes económicos e sociais as consecuencias dos movementos na Unión Europea, polo que agora expón un foro no que estean presentes todas as institucións implicadas. En todo caso está “en vigor” o plan de continxencia do Goberno ante o Brexit, que foi negociado con todas as comunidades autónomas e ten o visto de bo dos ministerios relacionados coa saída do Reino Unido. Un plan que abordouse “con empresas, asociacións, agrupacións industriais, cámaras de comercio”, proseguiu. O Executivo está preparado “para un Brexit duro”, sen acordo, que sería o peor escenario. Por iso, reclama a s axentes económicos e sociais que tamén se preparen e sigan o plan publicado. “Teñen á súa disposición ás institucións e, en concreto, ao ICEX”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)