Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O turismo rural en Galicia acada un 43% de ocupación este verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A porcentaxe é catro puntos superior á acadada o ano pasado, cando a cifra se situou no 39%. Cun 54% de ocupación nos meses de xullo e agosto, a provincia de Pontevedra foi a terceira de España con maior índice.


En termos xerais, o turismo rural tivo un verán positivo en todas as comunidades autónomas de España. Galicia forma parte do top 10 de rexións cunha maior porcentaxe de ocupación en aloxamentos rurais (43%) durante os meses de xullo e agosto, dous puntos por riba da cifra acadada a nivel nacional.

En España, debido ás reservas de última hora, os datos de ocupación rexistrados a finais de agosto foron superiores ao estimado antes do inicio do verán. O sector rural pecha os meses dexullo e agosto cun balance de ocupación do 41%, dous puntos superior á cifra rexistrada o ano pasado (39%) e catro máis que no verán de 2017 (37%), o que reflicte a tendencia positiva do sector cun crecemento sostible. Este dato está baseado en máis de 11.000 calendarios actualizados de EscapadaRural.com.

Agosto segue sendo o mes estrela das vacacións no sector turístico en xeral, e no rural en particular. Máis da metade dos establecementos rurais rexistrados na plataforma web estiveron ocupados (52%) o pasado mes, fronte ao 32% de ocupación en xullo. Estes datos “permiten ser optimistas, afianzan a recuperación do sector e fannos pensar que, posiblemente, pecharemos 2019 con datos de ocupación mellores aos acadados en anos anteriores”, explica Ana Alonso, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de EscapadaRural.com.

As preferidas de agosto

En canto aos datos de ocupación por comunidades autónomas, Navarra, Andalucía e Asturias son os territorios máis solicitados polos turistas rurais, cun 52%, 50% e 49% de ocupación, respectivamente. De preto séguenlles Murcia (47%), Cataluña (46%), País Vasco e Galicia, que entra no top 10 situándose no sétimo posto cun 43%. Cantabria (42%), Comunidade Valenciana (37%) e Aragón (36%) completan o ranking das dez comunidades autónomas con maiores niveis de ocupación. Polo contrario, as rexións que ocupan os postos máis baixos da táboa son: Estremadura (33%), Castela-A Mancha (29%) e A Rioxa (28%).

Con respecto ás reservas por provincias, dúas de praia, Málaga (61%) e Cádiz (58%) foron as que máis viaxeiros rurais recibiron este verán xunto con Pontevedra, que acadou en xullo e agosto un 54% de ocupación e completa o podio. A outra cara da moeda protagonízana Cuenca (21%), Guadalaxara (22%), e Albacete e Zaragoza (27%).

Tipo de reserva e prezo

Se nos fixamos no tipo de reserva preferida polos viaxeiros rurais, a porcentaxe de casas de aluguer íntegro foi algo superior ao dato das reservadas por habitacións. En concreto, a reserva de aloxamento íntegro durante os meses de xullo e agosto foi do 45% fronte ao 43% das reservadas por habitacións.

Pola súa banda, o prezo medio por persoa e noite foi de 21,7 euros, e o País Vasco foi a comunidade autónoma con tarifas máis elevadas, ao rozar os 30 euros (29,2 euros). Este foi o prezo que este verán tivo para o peto dos viaxeiros rurais durmir unha noite nun aloxamento vasco.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)