Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En outubro comezan as clases no novo IDE Asime para directivos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia estrea proxecto: o Instituto de Desenvolvemento Industrial, con programas destinados a directivos e mandos intermedios do sector. A iniciativa é única por focalizarse específicamente neste eido.


“Pretendemos prover de directivos e mandos intermedios moi cualificados á industria galega en xeral e especialmente á industria do metal e ás súas actividades estratéxicas de automoción, naval, aeronáutica, enxeñerías e tecnoloxías 4.0”, resume Enrique  Mallón, Secretario Xeral de Asime.

Vanessa Méndez, Directora de  IDE-Asime, explica que o obxectivo é “xerar e difundir coñecemento, con programas formativos da máis elevada calidade, buscamos impactar de forma positiva nunha rede de profesionais do tecido industrial galego”. Ao manter un estreito vínculo coas empresas industriais galegas, aliña a oferta formativa coas necesidades.

Os docentes e relatores, de gran experiencia no sector industrial, guiarán a aprendizaxe dos alumnos dentro de tres áreas de formación con diferentes programas:

Executive  Education: Programas dirixidos a directivos de empresas industriais, membros de consellos de dirección e xestores de equipos con alto potencial para converterse en directivos, con máis de 10 anos de experiencia en xestión.

                        • PADI- Programa de Alta Dirección Industrial

                        • EMDB-  Executive  Master Dixital Business

                        • Seminarios  Premiere  Executive

Business  Education: Programas dirixidos a directivos, mandos intermedios e profesionais con capacidade de toma de decisións en procesos de cambio e innovación nas organizacións industriais.

                        • Curso Superior de Lean Manufacturing

                        • Curso Superior de Big Data e Data Science

Formación  in  Company: Programas formativos deseñados a medida das necesidades e retos das organizacións industriais; para acompañarlles no seu desenvolvemento, transformación e consecución de obxectivos. Os diversos programas comezan a partir deste outubro de 2019 e o consello directivo presentará novos elementos da oferta académica nos próximos meses.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)