Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Citic da UDC acolle hoxe e mañá o II XoveTIC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



O congreso, que está integrado na 27ª Conferencia Europea de Procesamento de Sinais (Eusipco 2019), contará con preto dun centenar de novos investigadores, ademais de relatores, investigadores e persoeiros do ámbito das TIC de relevancia internacional.


Aprovechando a celebración na Coruña do Eusipco 2019, o Centro de Investigación TIC (Citic) acolle este congreso, que ten o obxectivo de fomentar o talento novo e que, a diferenza da meirande parte dos congresos que se celebran en España no ámbito das TIC, que reúnen a investigadores senior con anos de experiencia, potencia a participación de novos investigadores. Trátase asú dunha oportunidade para que aqueles que están comezando a súa carreira investigadora establezan contacto con investigadores procedentes doutras universidades galegas e portuguesas.

A sesión de apertura correrá a cargo do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e do director do Citic, Manuel F. González Penedo. Na mesa de peche participarán o adxunto a investigación do Vicerreitorado de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, Horacio Naveira Fachal; o decano da Facultade de Informática da UDC, Luis Hervella, e o director do Citic, Manuel F. González Penedo.

No acto de clausura, entregaranse cinco premios destinados a recoñecer a calidade, a excelencia e a orixinalidade das comunicacións orais mellor valoradas polas entidades patrocinadoras: o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig), a Cátedra Handytronic-Grupo Telecon e a Cátedra UDC-everis en Transformación Dixital, o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Indra.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)