Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A única planta de purificación biolóxica de biometano de España está na Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



As instalacións de Edar Bens acollen dende o venres este sistema piloto, un dos poucos que existen no mundo, que aproveita os excedentes de CO2 do primeiro módulo da Unidade Mixta de Gas Renovable, utilizando unha tecnoloxía pioneira en España para obter biometano das augas residuais.


Esta planta, que se encadra dentro da segunda fase da Unidade Mixta de Gas Renovable na que participan Naturgy, EnergyLab e Edar Bens co apoio  Axencia Galega de Innovación (Gain), utiliza bacterias hidroxenotróficas (arqueas) para a produción de biometano, o que significa “a xeración dun gas renovable de forma biolóxica”, segundo explica o director xeral de Edar Bens, Carlos Lamora.

Así as cousas, a nova planta de purificación biolóxica de biometano “supón un fito no eido da bioenerxía e da economía circular”, situando á Coruña e a Galicia “na vangarda da investigación en enerxías renovables e nun exemplo da colaboración entre empresas públicas e privadas para un desenvolvemento sostible”, segundo destaca o responsable destas instalacións.

“É un importante logro que posiciona a Galicia non só como referente de innovación, senón tamén como exemplo a seguir en canto a descarbonización. Todo iso grazas á transformación dun CO2 , que xa de por si ten carácter neutro, nun combustible alternativo e renovable”, segundo indican os responsables técnicos do proxecto e de EnergyLab, Ángela Rodríguez e David Meana.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)