Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A galega Eskapark abre novo centro franquiado



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A empresa coruñesa pioneira en España no Escape Room abriu hoxe local na localidade cántabra de Santoña, a só 4 meses de que anunciase o interese por medrar a través do sistema de franquía. A compañía quere rematar 2019 con preto de 10 centros e iniciar a expansión en Iberoamérica, polo que participa agora en dúas feiras nas capitais de Guatemala e Panamá.


“Ata a data a expansión seguiu o sistema de mancha de aceite, crecendo nas áreas máis próximas aos primeiros centros e case por boca a boca. Pero dende comezos deste verán estamos a percibir moita demanda de información por parte de emprendedores de todo o país interesados en unirse ao noso modelo de negocio, e que valoran o penetrarse nun sector moi atomizado ata a data pero que crece a un ritmo próximo ao 500% ao ano” afirma David Sainz, International Expansion Manager.

O investimento necesario para poñer en marcha unha franquía Eskapark rolda os 72.000 euros (chave en man) e o prazo medio de recuperación do investimento é de 20 meses. Os establecementos oscilan entre os 100  m2 e 300  m2, enfocados a todo tipo de usuarios pero con gran atención ao público familiar e grupos de amigos. O concepto de xogo consiste en levar á vida real unha historia de ficción, converténdoa en experiencia en vivo inmersiva. Ofrecen 15 xogos distintos, nos que o 100% das probas son orixinais e de fabricación propia no seu taller. Coa apertura a cadea alcanza os 4 centros operativos e xa prepara a inminente apertura dun novo centro que abrirá as súas portas en Valladolid antes de Nadal.

Respaldo especializado

A cadea Eskapark pertence ao grupo do mesmo nome.  A compañía conta ademais coa marca Kreative, unha área de negocio especializada no desenvolvemento e construción de xogos de escape. A día de hoxe, instalou en España máis de 50 xogos tanto nos seus centros como para terceiros. Algúns dos xogos, como Inframundo, Orixe, as 3 versións de Alkatraz Escape, Sherlock vístese de negro ou Kluedo Escape, son destacados polos usuarios nos clasificación do sector en España.

A central do grupo conta con departamentos especializados que cobren todas as fases do proceso creativo, desde a idea orixinal, o deseño de probas, a realización dos elementos gráficos decorativos, ata a fabricación do mobiliario específico.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)