Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Catro de cada dez profesionais destacan a flexibilidade como a principal vantaxe do ‘coworking’



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A creatividade que ofrece a contorna (24,8%) é outro dos aspectos que máis se valoran dos espazos de traballo compartido, mentres que contar cun posto definido e a privacidade son os que máis se botan en falta.

A empresa de recursos humanos Randstad vén de elaborar un estudo co obxectivo de coñecer como son percibidos os espazos de coworking polos profesionais do noso país. Para iso, realizouis de 2.000 entrevistas coas que pulsou a concepción dos traballadores sobre un fenómeno que non deixa de medrar e gañar adeptos en todo o mundo.

O estudo revela que os profesionais españois destacan especialmente a flexibilidade que achegan os espazos de coworking (seleccionado nun 35,9%) e que sexan contornas creativas (24,8%), como as principais vantaxes destes novos espazos de traballo. O dinamismo que adoita caracterizar a estes lugares (20,9%) e o aforro de custos que traen consigo (18,5%) son outras dos aspectos destacados polos entrevistados.

O coworking, entendido como unha nova forma de traballar que permite a empresas de calquera índole compartir infraestruturas e potenciar deste modo oportunidades de negocio, non deixou de medrar nos últimos anos ata converterse nunha tendencia no mundo do emprego. Un sector ademais con gran percorrido, xa que segundo este estudo, só o 12% dos entrevistados tivo ocasión de traballar nun espazo de coworking.

Diferenzas

Os profesionais entrevistados por Randstad no seu estudo sobre coworking tamén destacan as diferenzas máis relevantes con respecto aos espazos de emprego habitual. O feito de carecer de instalacións e postos de traballo designados e propios é o aspecto máis destacado, elixido polo 42,3% dos empregados.

Os entrevistados tamén consideran que nos espazos tradicionais se goza dunha maior privacidade, xa que elixe esta diferenza o 24,7% dos profesionais. Non contar cunha identidade corporativa propia e definida (21,3%) e unha hipotética ausencia dunha xerarquía visible e patente (11,7%) son outras diferenzas relevantes para os profesionais entrevistados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)