Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como previr os delitos na empresa?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Un encontro organizado pola Cámara de Comercio da Coruña, Cámara Certifica e Marca Franca abordou onte as principais novidades do compliance penal, a metodoloxía que permite ás empresas identificar os seus riscos penais, establecer políticas eficaces de cumprimento normativo e implantar medidas encamiñadas á prevención de delitos.


No transcurso da xornada, Francisco Caamaño, ex ministro de Xustiza, catedrático de Dereito Constitucional pola Universidade da Coruña e delegado de Ascom (Asociación Española de Compliance) en Galicia, contextualizou de maneira precisa “a evolución da responsabilidade penal da persoa xurídica, dende uns inicios nos que a responsabilidade era de nivel baixo ata o contexto actual no que se atopa o empresario”.

Pola súa banda, Jacinto Parga, director xeral de Marca Franca, empresa especializada no eido do cumprimento legal, resaltou a importancia da integración dos programas de cumprimento na operativa das empresas. “Unha vez que se recoñece como básico o compromiso da alta dirección no impulso e a creación dunha cultura de cumprimento na súa organización, a súa implantación efectiva pasa por que, na operativa diaria da empresa, aparezan elementos que evidencien a súa aplicación. A utilización das tecnoloxías da información é clave para demostrar e poder certificar que se dispón dun programa de cumprimento que protexe e serve á organización”, explicou.

Xa por último, Luis Tatay, director técnico de Cámara Certifica, a entidade de certificación das cámaras de comercio españolas, destacou que na organización á que representa investiron “moito tempo en desenvolver un protocolo de auditoría axeitado para a correcta avaliación da norma UNE 19601”, aquela que certifica os sistema de compliance penal. “O noso equipo auditor confórmase por auditores expertos en sistemas de xestión e por avogados penalistas con grande experiencia no traballo con empresas”, engadiu.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)