Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Asime colaborará coa Asociación Marroquí do Automóbil



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



“Imos seguir insistindo na colaboración para fortalecer as matrices galegas e non perder o tren do crecemento exponencial que vai ter Marrocosen automoción, metalmecánica e fabricación de elementos de transporte”, afirma Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia.


Durante a participación no Salón do Automóbil de Tánxer celebrado dende este mércores ata hoxe, Asime pechou este acordo con Amica (Asociación marroquí de Industria e Comercio de Automóbiles), para coordinar actividades e conseguir proxectos comúns. Reforzarán networking e os encontros B2B que intensificarán relacións comerciais e mesmo investimentos nos respectivos países, ademais de apoiarse para completar a cadea de valor.

Para 2020 Amica espera que o sector alcance unha facturación de máis de 10.000 millóns de euros, incrementando a máis de mil millóns os requisitos de subcontratación. Un dos retos principais que identificaron Amica e Asime durante o seu encontro é a necesidade de Marrocos de contar con máis provedores de estampaxe en metal de aí que Asime contase cunha caseta institucional na feira, onde recibiu a visita do ministro Marroquí de Industria, Investimento, Comercio e Economía Dixital, Moulay  Hafid Elalamy. Empresas galegas como Vapores Suardiaz, Equipos Lagos e CTAG estiveron tamén presentes.

Tamén comprometéronse a colaborar en proxectos e programas formativos e a participar nas distintas feiras organizadas por estas asociacións. É o caso de Mindtech, a referente do metal e as súas tecnoloxías asociadas no polo ibérico que celebrou este ano a súa primeira edición en Vigo e para a cal Amica xa confirmou asistencia como expositor.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)