Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha de cada tres mulleres con fillos non traballa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



Esta proporción increméntase a case a metade no caso das que teñen máis de tres rapaces, segundo o I Informe: a Brecha Salarial en Cifras, elaborado por Audiolis e o Observatorio do Contrato de Formación e Aprendizaxe.


O estudo pon de relevo que as tarefas do fogar e o coidado dos fillos segue sendo cousa de mulleres, xa que elas adican unha media de 38 horas semanais ao coidado e a educación dos rapaces e 20 horas a cociñar ou facer labores domésticas. Traballar fóra de casa, exercer de nai, ter vida socialu descansar converteuse nunha misión imposible para unha gran maioría de mulleres de todo o mundo en pleno século XXI.

Nos últimos anos a experimentou unha leve mellora intentando acadar esa conciliación da que todos falan, pero poucos a logran. A taxa de emprego de mulleres e homes con fillos déixanos ver quen se afasta da promoción profesional para adicarse á vida familiar: un 33,4% das mulleres non traballa sendo nai, mentres que tan só un 12% dos hombres rexeita un emprego por este feito. E mesmo esta taxa é moito máis rechamante se falamos de mulleres con tres ou máis fillos, entre as que a taxa de actividade se reduce ao 50,3%.

Conseguir compaxinar o coidado dos fillos ou as tarefas do fogar cun traballo fóra do fogar faise practicamente imposible e é por iso polo que os traballos a tempo parcial se converten nos favoritos das mulleres (máis do 40% das mulleres prefire este tipo de xornada fronte á completa). Así, mentres que tan só un 1,8% dos homes elixe este tipo de xornada por facerse cargo de fillos ou familiares, un 12,8% das mulleres rexeita a xornada completa por este motivo.

Máis formación e menos salario

A pesar do importante que é contar cunha boa formación, ter máis estudos non garante percibir mellor salario. Neste sentido, os datos revelan como a pesar de que as mulleres se forman máis que os homes (un 50,1% das que teñen entre 25 e 34 anos conta con educación superior fronte a un 38,4% dos homes), estas reciben un soldo inferior. Por exemplo, se falamos do salario cunha xornada a tempo completo os homes gañan de media uns 4.000 euros máis ao ano que as mulleres. Además, non por contar con máis formación as mulleres ocupan mellores postos, xa que tan só un 8,8% das mulleres ocupan a presidencia de empresas.

Outro dos aspectos que máis preocupa no actual contexto socio-económico é a temporalidade dos contratos. La pregunta é se tamén existen diferenzas neste sentido entre homes e mulleres. A pesar do crecemento dos contratos temporais, o contrato indefinido segue sendo o máis usado polas empresas, non existindo diferenzas significativas entre ambos sexos. A este respecto, o 74% dos contratos totais realizados a homes son indefinidos, fronte ao 72,8% dos contratos realizados a mulleres, segundo os datos extraídos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Do outro lado quedan os contratos temporais, onde as mulleres contan cunha porcentaxe lixeiramente maior (27,72% fronte a 25,97% contratos temporais realizados a homes), entendendo por contratos temporais aqueles por circunstancias da produción, os de formación e aprendizaxe, os de prácticas, e os estacionais. No caso concreto dos contratos de formación, entre xaneiro e agosto de 2019 formalizáronse 3.897 contratos a mulleres, o que supón un 56%, e 3.111 a homes, un 44% do total.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)