Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a terceira rexión máis cafeteira de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Os galegos toman de media 790 cafés ao ano e seguen triunfando os clásicos: a maioría prefíreo con leite enteiro, azucre branca e en calquera tipo de cunca. Así se desprende do estudo “Hábitos de consumo de café en España”, elaborado por Starbucks.


Hoxe celébrase o Día Internacional do Café, e este estudon realizado en colaboración co Instituto Ipsos a unha mostra de máis de 4.700 españois de entre 16 e 65 anos, vén indicarnos que os galegos son uns auténticos amantes desta bebida, xa que toman de media 15,19 cafés á semana, considerándose unha das rexións máis cafeteiras de España. Só lles superan os navarros (15,40 cafés á semana) e os canarios (15,44), e esta cifra colócalles máis dun punto por riba da media nacional (13,58). No extremo oposto, os rioxanos (11,49), os andaluces (12,09) e os cántabros (12,09) son os territorios menos cafeteiros de España.

A maioría dos galegos decántanse polo café con leite, concretamente un 67% prefire esta modalidade, seguido do café so (22%) e cortado (17%). De entre os que o prefiren tomar con leite, o 35% faino con enteiro, seguido de semidesnatado (29%) e desnatado (20%). A azucre segue sendo o rei para adozar o café en Galicia: cinco de cada dez galegos prefire edulcoralo con azucre branca, sendo a rexión que máis se decanta por este edulcorante. Séguenlle a azucre morena cun 15% e a sacarina cun 12%. Pero o máis rechamante é que tomar o café sen adozar se está convertendo nunha tendencia con cada vez máis adeptos na rexión, xa que dous de cada dez entrevistados prefire non edulcorar o café con nada e tomárseo so. De entre os entrevistados, o 51% prefire o café natural mentres que o 40% elixe o café mestura (combinación de natural e torrefacto). Só o 8% afirma consumir café 100% arábica e unicamente o 5% declara decantarse polo café “ecolóxico”.

Os mellores cafés obtenémolos de grans uniformes da variedade arábica, tostados de forma natural. A partir de aquí, non hai un ‘mellor café do mundo’, xa que cada café é único, xa sexa por zona de cultivo, polo seu tostado ou pola súa forma de elaboración, e ofrécenos diferentes matices e experiencias. Por exemplo, os cafés latinoamericanos son equilibrados en corpo e acidez e adoitan presentar matices de cacao e froitos secos, e os africanos teñen unha acidez máis elevada e con matices frorais e cítricos. Tamén podemos xogar cona intensidade do tostado en función de se imos gozar dun espresso so ou prefirimos tomalo con leite ou outras bebidas vexetais. Neste último caso, é interesante optar por un tostado máis intenso que nos axude a manter os matices do café coa mestura”, comenta Antonio Palmero, coffee ambasador de Starbucks en España.

Ademais, o 84% o toma con cafeína, mentres que a opción descafeinada é marcada por un 23% dos entrevistados galegos. Por outra banda, en Galicia prefírese calentito, concretamente só o 13% dos entrevistados declara que o toma con xeo. Respecto ao recipiente favorito para gozar do seu café, as cuncas gañan a batalla ao vaso, xa que un 55% afirma preferir cunca mediana fronte a un 30% que se decanta polo vaso de cristal, sempre detrás de calquera tipo de cunca. E en canto á maneira de preparalo, Galicia é unha das cinco comunidades nas que a cafeteira italiana é a máis utilizada, concretamente un 28% prefírea, fronte á de cápsulas (26%) e a de café molido (22%).

Momento Café

Non nos enganemos, un café para os galegos non son cinco minutos. Oito de cada dez afirman que adican máis de 20 minutos a tomárseo, sendo a región que máis marca este intervalo de tempo. Ademais, o gozan máis se o toman en compañía, principalmente da súa familia (65%), pero tamén con amigos (31%), xa que Galicia é a rexión española que máis marca esta opción.

Por outra banda, cómpre mencionar que os galegos prefiren non acompañar o seu café con nada, concretamente o 75%. De entre os que o acompañan con comida, o 43% prefire as opcións doces. Así mesmo, o café que máis valoran os galegos é o primeiro da mañá (concretamente o 86% marca esta opción). A seguinte opción favorita é o café de despois de xantar, marcada polo 62%, sendo a segunda comunidade que máis selecciona este momento.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)