Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Acceso a novos ensaios para pacientes oncolóxicos galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Os pacientes de HM CIOCC Galicia poderán acceder ás terapias máis innovadoras grazas ao acordo que veñen de renovar a Fundación de Investigación HM Hospitales e The START Center, grupo de investigación que é líder mundial en ensaios clínicos en fases iniciais.


Para a Dra. Teresa Curiel, directora do centro oncolóxico de HM Hospitales en Galicia, a inclusión do noso centro é “unha excelente noticia”, tanto para os profesionais como para os pacientes. “A nós vainos a permitir poñer rumbo firme ao desenvolvemento de ensaios clínicos fase I con novas terapias oncolóxicas, o que facilitará nos próximos anos o tratamento daqueles pacientes aos que a terapia estándar non lles resulta efectiva ou lles deixou de funcionar, tendo a oportunidade de ofrecerlles unha maior esperanza de vida e que esta sexa de mellor calidade”, indica a Dra. Curiel.

Toda esta actividade investigadora centralízase a través da Unidade de Ensaios Clínicos en Fase I START - HM CIOCC de Madrid, que traballa desde 2008 para facilitar o acceso de todos os pacientes ás terapias máis innovadoras. Desde entón, ofreceu tratamento a máis de 2.000 pacientes, desenvolveu uns 200 ensaios clínicos e formou a máis de 20 oncólogos en investigación clínica temperá.

anuncio do acordo fíxose público durante a celebración do Congreso que a Sociedade Europea de Medicina Oncolóxica (ESMO) en Barcelona, no que os oncólogos de HM CIOCC participaron con 8 ensaios clínicos e 8 pósteres “que resumen o peso da investigación en HM Hospitales”, destaca o grupo nun comunicado.

Avances presentados en ESMO

O estudo máis destacado ten ao investigador Jesús García-Donas, como un dos autores principais nun ensaio clínico multicéntrico que abre novas esperanzas ás pacientes de cancro de ovario ao probar que a combinación do fármaco veliparib fronte ao tratamento de quimioterapia inicial, mellora os resultados de eficacia en toda a poboación estudada teñan ou non, mutacións do xene BRCA. A Unidade de Tumores Xinecolóxicos e Xenitourinarios que dirixe o Dr. García-Donas, participou tamén nun estudo Fase II sobre cancro de endometrio.

Pola súa banda a Unidade de Tumores Dixestivos que lidera o Dr. Antonio Cubillo, director de HM CIOCC Madrid, expón os resultados iniciais de catro estudos con distintas modalidades de inmunoterapia oncolóxica, e a Unidade de Ensaios Clínicos de Fases Temperás START - HM CIOCC, que dirixe o Dr. Emiliano Calvo, presenta tamén diversos estudos. “A nosa participación é moi relevante, tanto pola calidade e peso específico dos traballos presentados, como pola participación proactiva na parte académica e organizativa da área de ensaios clínicos de fases temperás”, sinalou o Dr. Calvo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)