Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ourense aproba axudas para proxectos en zonas de declive demográfico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe en sesión extraordinaria diversas axudas para cooperar con concellos e entidades, entre elas as achegas do EmprendOU 2019 para proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia. 


A Deputación de Ourense puxo en marcha a primeira iniciativa en España aprobada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública para afrontar o reto demográfico, coa aprobación en maio pasado, do concurso para a concesión destas axudas no marco do proxecto EmprendOU, financiado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo.deputa

Así mesmo, a institución provincial anunciou a aprobación dunha subvención a favor da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas por importe de 11.000 euros para o estudo “Polígono en cifras”, e outra achega de 90.000 euros para a Asociación de Produtores de Pataca da Limia, para adquisición de maquinaria.

Outras subvencións aprobadas van destinadas á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense (120.000 euros) para construción dunha gardería; á Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (80.000 euros) para amortización anticipada, correspondente ao ano 2019, do principal pendente de pago á Xunta de Galicia para á adquisición dun inmoble destinado a local social no Alto do Cumial; a Escudería Barbadás Club Deportivo (12.000 euros) para o Ralli Mix Barbadás 2018-2019, e para Agromacen Agrogandeira do Macizo Central (35.000 euros) para asesoramento a comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC). 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)