Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O gran consumo medra un 1% en 2019 impulsado por un maior gasto nos produtos frescos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Increméntase o gasto por riba do volume en todos os sectores no que vai de ano, mantendo a tendencia de 2018, segundo o informe “Balance e Tendencias na Distribución e Gran Consumo 2019” presentado pola consultora Kantar.


En termos de volume, o mercado retrocedeu un 0,6%. Este incremento de valor por riba do volume é común en todos os sectores, pero destaca especialmente nos produtos frescos, onde os españois gastaron un 1,9% máis que hai un ano, cunha demanda practicamente estable (+0,2%).

A alimentación envasada continúa a súa evolución negativa en volume dos últimos anos, caendo un 1,1% no último ano, para acumular unha caída dun 2,2% na demanda de alimentos envasados dentro do fogar dende 2015. Sen embargo, a evolución das ocasións de consumo fóra do fogar, incrementando as canles de restauración e take away, compensa estas caídas. Destaca o crecemento de produtos vinculados á dieta saudable, como os froitos secos, produtos nos que os españois se gastaron un 35% máis en 2019. Tamén a comida ecolóxica, que medra preto dun 20% en gasto este ano, confirmándose como unha das tendencias fundamentais na alimentación española.

A demanda de produtos frescos, que no peche de 2018 caía un 2%, logra situarse en positivo, permitindo que esta sección, que representa case a metade do gasto dos españois, sexa a impulsora do gasto en gran consumo. A busca de produtos de maior calidade e variedades máis sofisticadas é un eixo deste crecemento: os españois incrementaron o seu gasto en produtos como o marisco nun 9,5% e ata un 23,5% máis en aguacates. Sen embargo, o impulso ao gasto en produtos frescos vén sobre todo dado polo encarecemento das variedades máis habituais nos fogares españois. O consumidor non renuncia aos seus produtos básicos a pesar de lixeiras subas de prezos, e así, o incremento de gasto en produtos como as patacas (20,7%), cebolas (21,3%) e ovos (0,8%), tradúcese nun incremento do 10% no custo para facer unha tortilla de baloca caseira.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)