Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un apoio extra



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



ABANCA e Lanzadera, a aceleradora de empresas impulsada polo empresario fundador de Mercadona, Juan Roig, colaborarán apoiar a emprendedores nos sectores fintech e insurtech, é dicir, novos servizos financeiros e de seguros. Os candidatos poden ampliar a información na web de Lanzadera, onde inscribirse a partir do 3 de decembro.

Durante o programa de aceleración, de ata 11 meses de duración ofrecerán formación, apoio e asesoramento aos seleccionados. Ademais, as empresas disporán dunha bolsa económica para desenvolver unha proba de concepto con ABANCA. A iniciativa enmárcase no programa Corporate de Lanzadera.

A entidade financeira porá en contacto aos emprendedores con profesionais do seu equipo e daralles acceso a recursos técnicos e aos seus centros de traballo para a implantación do produto ou servizo. E Lanzadera porá á súa disposición un director de proxectos e persoal especializado en diferentes áreas que apoiará aos seleccionados no desenvolvemento do proxecto; tamén achegará formación no Modelo de Xestión de Calidade Total, acceso a relatorios e eventos, e dispoñibilidade das súas instalacións. Os equipos seleccionados contarán así cunha zona de traballo e contacto continuo con outros emprendedores. Este programa é ‘equity-free’, polo que as startups non terán que ceder ningunha porcentaxe da súa empresa.

“Estamos moi contentos con este acordo. A disrupción tecnolóxica abriu novos horizontes nestes sectores e queremos que as startups seleccionadas acheguen solucións innovadoras á compañía”, afirma Javier Jiménez, director xeral de Lanzadera. Para ABANCA, en palabras do seu director de Innovación, Eduardo Aldao, “o acordo vainos a permitir chegar a moitos máis emprendedores e empresas emerxentes de toda España".

 O programa arrincará en maio de 2020 e, para o mesmo, Lanzadera e ABANCA aceptan propostas en calquera grao de madurez -desde ideas a proxectos consolidados- . ABANCA convértese así na primeira empresa do sector financeiro en pechar un acordo Corporate con Lanzadera.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)