Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha enxeñeira galega premiada polo seu sistema de predición a curto prazo dos tempos de viaxe en tempo real



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Margarita Martínez recolleu o Abertis Internacional de Investigación en Xestión de Infraestruturas do Transporte. A profesora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños da UDC, introduce na súa tese de doutoramento unha metodoloxía de fusión de datos coa acumulación de vehículos nunha sección e explotando as capacidades da información espacial.


O modelo baséase en medidas directas e indirectas do tempo de viaxe. Utiliza datos de sistemas de identificación automática de vehículos (AVI) e de tecnoloxías de seguimento como o GPS. Esto faina totalmente aplicable a día de hoxe. Pero ademais adáptase perfectamente ás futuras contornas de condución nas que os vehículos conectados seránsensores activos, e a precisión da información indispensable para a xestión das redes de estradas.

A profesora da Universidade da Coruña, experta no campo da xestión do tráfico traballa tamén en liñas de investigación relacionadas con firmes, trazado e seguridade vial; pertence ao grupo de investigación “Carreteras, Xeotecnia e Materiais” (CGM) da Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (A-CITEEC).

A tese “Highway travel time information systems: from traditional to cooperative driving environments”, dirixida polos profesores Ignacio Pérez, da Universidade da Coruña, e Francesc Soriguera (UPC-BarcelonaTech), xa recibira ex aequo o premio Abertis na súa XVI edición en España. Os gañadores dos distintos países onde a empresa xestora de estradas ten unha Cátedra en Transporte, competían polo único galardón internacional, que acadou finalmente a profesora coruñesa. Martínez recibiu ambos premios o pasado 3 de outubro no Auditorio de Abertis en Barcelona presidido por Damià Calvet, conseller de Territori i Sostenibilitat e Sergi Loughney, director de Reputación Corporativa e Comunicación de Abertis e director da Fundación Abertis.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)