Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Experiencias empresariais galegas en China e India



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Máis dunha trintena de representantes de pemes e empresarios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal déronse cita onte en Vigo -nunha xornada organizada pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia- para coñecer as opcións que brindan ous dous xigantes e escoitar a empresarios que alí exportan.


Gonzalo Varela, director de GV Solucións, contou como lle vai á súa compañía na India e como presentaron na India Water Impact Summit 2018 solucións tecnolóxicas para que as autoridades do país resolvan problemas no ciclo de auga. E Guillermo Montero, xerente de Mar Ceibe, fixo o propio cunha firma que leva seis anos exportando ostras frescas a China.

Armando Priegue-Freire, socio director de Axperia Ventures, moderador da xornada, esbozou as características dos países protagonistas e fixo referencia á experiencia das firmas galegas nestes mercados. Hugo Tian Hong, director do China Center de París e presidente do China Source Capital Investment, que participou en grandes proxectos entre China e Europa, foi o encargado de explicar as oportunidades de negocio. Posteriomente, Arun Kumar, conselleiro de Sunpower en India e partner de  Axperia Ventures en Nova Deli, con máis de 25 anos de experiencia no sector “energy utilities” en India e Europa, expuxo as características do mercado indio.

A Asociación de Empresarios de Tecnoloxía de Galicia (INEO) celebraba onte á mañá na sede da CEP esta cita enmarcada no proxecto Ecicii Plus, financiado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O director de operacións de INEO, Luís Rey, explicou as oportunidades que brinda Ecicii Plus, dirixido ás pemes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que “aposta pola experimentación de modelos de internacionalización en sectores estratéxicos para ambos os países como son o agroalimentario, o contract e servizos intensivos en coñecemento”. E anunciou que INEO ten prevista unha misión comercial a México a finais deste mes, orientada ao sector das tecnoloxías de información e comunicación. “A misión que permitirá promocionar os produtos e servizos das pemes da Eurorrexión na Conferencia Internacional de Investigación e Innovación en Enxeñería de Software".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)