Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cada día hai máis vexetarianos e veganos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Empezan a calar as mensaxes de redución do consumo de carne para protexer o planeta? O tema da suposta mellora da sáude é máis polémico e suxeito aos vaivéns das investigación. Pero sexa como fose a demanda de pratos veganos multiplicouse por catro nos dous últimos anos en toda España. A carne fresca encadea seis anos de caídas.


Para considerarse vegana unha receita debe estar elaborada totalmente sen carne e tampouco pode incluír nin utilizar ningún ingrediente de procedencia animal, coma o queixo ou os ovos, que sí comen moitos vexetarianos.  “Cada vez conta con máis partidarios pola revolución que está a vivir este tipo de cociña, con novas receitas que atraen mesmo a aqueles que comen carne pero están abertos ás novas experiencias” asegura Blanca Rodríguez, directora de comunicación de consumo de Deliveroo España.

Mentres, se consome un 12% menos de quilos de carne que en 2012, segundo un estudo do Ministerio de Agricultura, feito público este verán. Os españois consumiron en 2018 un 2,6% menos que en 2017. Durante o ano pasado, a caída na demanda de carne fresca foi dun 3,8%, mentres que o prezo por quilo da mesma subiu un 2,1%, alcanzando os 6,07 euros. O veganismo é a tendencia gastronómica e Deliveroo, aproveitando a celebración do Día Mundial do Veganismo, deu coñecer novas cifras. Por cidades, Barcelona mantense á cabeza do consumo de pratos veganos. Séguelle de preto Madrid, e en terceiro posto está Valencia. Aínda que constatan un crecemento sostido da demanda de pratos veganos en todas as cidades españolas nas que operan En total, Deliveroo España colabora con máis de 30 establecementos que ofrecen comida vegana.  

E para acabar de convencer aos máis escépticos, a empresa presentou a primeira hamburguesa 100% vegana para pedir a domicilio e elaborada a partir da carne vexetal que elabora Beyond Meat. Esta empresa norteamericana que xa cotiza en bolsa e que revoluciona con  produtos, que asombrosamente parecidos á carne animal, aínda que se elaboran con ingredientes de orixe vexetal.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)