Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As casas rurais galegas, á cola da ocupación para a ponte de Todos os Santos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



A porcentaxe do 41% sitúa a esta comunidade autónoma só por diante de Asturias (40%), mentres que a nivel nacional acada o 72%. Os aloxamientos que admiten mascotas ou tienen cheminea son os preferidos polos viaxeiros rurais, cun dato que acada o 75% e o 74%, respectivamente.


Segundo EscapadaRural.com, para as noites comprendidas entre o 1 e o 3 de novembro a ocupación media a nivel nacional en establecementos de turismo rural será moi superior á rexistrada o ano pasado (42%). Este incremento de 30 puntos porcentuais respecto ao ano pasado responde ao feito de que este ano o festivo do 1 de novembro cae en venres. Esta coincidencia facilita que máis parellas, familias e grupos de amigos aproveiten os tres días festivos para escaparse a contornas rurais. “As pontes do último trimestre do ano son un período moi demandado para a práctica do turismo rural; moitos viaxeiros adican estes días a facer escapadas e gozar da natureza”, explica Ana Alonso, directora de Comunicación e Relacións Institucionais de EscapadaRural.com.

O prezo medio por persoa e noite para esta ponte é de 24,2 euros, e a Comunidade de Madrid sitúase como o destino rural máis caro cun prezo medio de 27,2 euros. Cataluña, pola súa banda, ocupa o segundo posto cun prezo por persoa e noite que descende ata os 26,4 euros.

 Varias comunidades autónomas rozan xa o cheo durante a ponte de Todos os Santos e as previsións apuntan a que nos próximos días colgarán o cartel de completo. Este é o caso de Navarra (93%), A Rioxa (83%), Madrid (81%), Castela e León (80%), Castela-A Mancha e Cataluña (79%), e Aragón (78%), que rexistran a día de hoxe unhas porcentaxes moi elevadas. Todas as comunidades que se sitúan no top 10 se atopan por riba do 70%: Estremadura (75%), Andalucía (74%) e a propia Comunidade Valenciana (70%).

 Na cola do ranking están, ademais de Galicia, Cantabria (59%) e Asturias (40%) que, aínda que ocupan os últimos postos da táboa, teñen datos de ocupación moito máis elevados que os acadados o ano pasado, cando nos tres casos roldaban o 20% de aloxamientos reservados.

Se atendemos aos datos por provincias, Navarra (93%), Segovia, Soria e Toledo (90%) son as preferidas polo viaxeiro rural. As menos demandadas son Pontevedra (41%), Asturias (40%) e A Coruña (28%), cuxas comunidades se ven máis afectadas pola estacionalidade fóra da época estival.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)