Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A industria galega recibirá 42,2 millóns de euros de axudas do Goberno central por emisións de CO2



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE OUTUBRO DE 2019 · (0)



Alcoa, con 25,2 millóns, recibe a maior cantidade, seguida por Ferroatlántica, con 8,4 millóns e Alu Ibérica, que só na factoría da Coruña recibe 6,2 millóns, máis outro tanto en Avilés. A cantidade global concedida no territorio estatal supera os 172 millóns de euros, dos que Galicia recibe o 25%.


Estas axudas, segundo explica a Delegación do Goberno en Galicia, son para a compensación dos custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro, como o dióxido de carbono (CO2). E recibiranas oito empresas con once instalación en Galicia, segundo a listaxe publicada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Hai outras compañías como Acerinox, cun centro de traballo en Betanzos (A Coruña), que recibirá 4,9 millóns; ou Repsol Coruña con  1,9 millóns, que tamén se benefician desta liña de axudas. A empresa que máis fondos recibe é Alcoa en San Cibrao (Cervo, Lugo), pois a través das súas dúas denominacións (Alúmina Española e Aluminio Español) suma 25,2 millóns de euros. Ferroatlántica está a continuación, pois para as fábricas de Sabón (Arteixo), Cee e Dumbría, todas na provincia da Coruña, terá 8,4 millóns de euros. Alu Ibérica recibirá 6,2 millóns de euros na súa factoría da Coruña, a antiga Alcoa. É unha cantidade similar á que recibirá o centro de Avilés (Asturias).

Este é o cadro con todas:

Expediente

Empresa

Axuda proposta

CO2-010000-2019-47

ALU IBÉRICA LC, S.L.

6.151.711,78 €

CO2-010000-2019-12

ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. – San Ciprián

2.398.097,78 €

CO2-010000-2019-18

ALUMINIO ESPAÑOL, S.L.

22.790.722,01 €

CO2-010000-2019-83

ALUMINIOS CORTIZO, S.A.U.

79.034,41 €

CO2-010000-2019-124

BIOETANOL GALICIA, S.A.

197.476,3 €

CO2-010000-2019-43

CELSA ATLANTIC, S.L. – División Largos

399.599,86 €

CO2-010000-2019-143

FERROATLÁNTICA DE SABÓN, S.L.U.

3.106.975,26 €

CO2-010000-2019-23

FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Cee

2.285.404,45 €

CO2-010000-2019-24

FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Dumbría

2.985.453,65 €

CO2-010000-2019-104

MEGASA SIDERÚRGICA, S.L.

1.666.664,83 €

CO2-010000-2019-121

PAPELERA DE BRANDIA, S.A.

127.039,39 €

TOTAL

42.188.179,72 €



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)