Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O “Caso Titanic” como exemplo para directivos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



O IESE celebra en Vigo un open day no que analizará capacidades directivas analizando a toma de decisións no célebre trasatlántico británico. Estará dirixido por Miguel Ángel Ariño, profesor de Análise de Decisións da escola de negocios da Universidade de Navarra, e experto en toma de decisións e goberno de organizacións.


IESE Business School, a escola de dirección de empresas da Universidade de Navarra, celebrará o xoves, a partir das 19.00 horas, un open day co obxectivo de presentar a nova edición do Programa de Desenvolvemento Directivo (PDD) que impartirá en Galicia entre os meses de xaneiro e xullo de 2020 e dar a coñecer o método do caso.

Nesta ocasión, debatirase a toma de decisións a bordo do Titanic como exemplo para poder analizar as capacidades directivas. Este caso será dirixido por Miguel Ángel Ariño, profesor de Análise de Decisións do IESE, experto en toma de decisións e goberno de organizacións. É doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Barcelona e impartiu clases nesa universidade, na Politécnica de Cataluña (UPC) e na Universidade Carlos III de Madrid. Así mesmo, é profesor visitante noutras institucións internacionais como a Ceibs (China Europe International Business School) e a Hkust Business School (Hong Kong University of Science and Technology). Autor de varios títulos sobre toma de decisións,elaborou o Índice IESE de Incerteza Económica.

O “Caso Titanic” permite descubrir se o afundimento do barco foi un feito que se produciu debido ás malas decisións tomadas polos responsables do buque ou se foi un accidente que puidese ocorrer independenetemente das decisións que se tomasen. As persoas que desexen asistir a esta sesión poderán inscribirse na web www.iese.edu/vigo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)