Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Rafael Serrano, novo director xerente de Ahosgal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



A asociación que representa aos 12 hospitais privados parte do sistema sanitario galego coa actividade concertada, confían no traballo deste Diplomado en Ciencias Empresariais (UDC) e Executive MBA polo Ieside  especialista en Relacións Laborais (USC). Formou parte do Consello Galego de Saúde (2010-2017), e do Consello Económico e Social (2005-2016).


A Asemblea da Asociación de Hospitais de Galicia escolleuno para a representación e execución das estratexias establecidas. Serrano asume os obxectivos de aumentar a colaboración entre a sanidade pública e a privada para contribuír á eficiencia do sistema sanitario. Tamén buscará a promoción da asistencia de calidade, universal e accesible.

Entre 2005-2017 desempeñou diversas funcións executivas na Confederación de Empresarios de Galicia, entre as que destacan a coordinación da participación institucional da patronal galega en organismos institucionais. Foi responsable do Diálogo Social en Galicia na Confederación de Empresarios entre 2006-2012 e traballou no Observatorio Galego de Negociación Colectiva.

En canto á Asociación de Hospitais de Galicia é unha organización sen ánimo de lucro para a defensa dos hospitais médico-cirúrxicos acreditados polo Sergas coa sede en Galicia. Os centros que integran Ahosgal xeran 5.000 empregos directos. Desde 2010, investiron máis de 100 millóns de euros en infraestruturas e equipamentos tecnolóxicos. Son: HM Modelo, San Rafael e  Quirónsalud A Coruña;  HM A Rosaleda, de Santiago de Compostela; Juan  Cardona, de Ferrol;  Polusa e  Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo;  Cosaga e O Carmen, de Ourense; Povisa e Vithas Fátima, de Vigo; e Hospital Quirónsalud de Pontevedra.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)