Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pasados de freada



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



O Observatorio Financeiro do Consello Xeral de Economistas rebaixa a súa previsión de peche do PIB para este ano ata o 1,8% porque “non se espera un crecemento de máis do 0,4% no último trimestre”, a desaceleración está sendo “moito máis brusca do que se pensaba”.


Os economistas coidan que esta desaceleración está a facer que free a creación de emprego e a caída do paro: as cifras do terceiro trimestre, publicadas recentemente, sitúan a taxa de paro na menor dos últimos 10 anos en España. Tamén temos caída dos préstamos  “que non ten outro significado que o do arrefriado da demanda a pesar de que os bancos manteñen a oferta do crédito”. De feito, o índice de confianza do consumidor pasou do 102,3 en xuño ao 80,7 en setembro.

Ademais a baixada do emprego temporal é algo que se pode estar a interpretar erroneamente, porque descontando o factor temporalidade, este é o emprego que primeiro se destrúe cando cambia o signo da economía.

A subida do aforro loxicamente está a afectar ao consumo, “trátase evidentemente de aforro prevención que, aínda que ten un efecto redutor da demanda agregada sobre a actividade económica e o emprego, tamén o ten sobre as importacións”. Isto último, segundo mírese, non é do todo negativo ao non afectar á produción nacional.

A retardación do consumo do comercio exterior e demanda interna están a moderar a evolución do IPC ,que volvemos axustar con respecto a meses anteriores, considerando que non será superior ao 0,9%. "A nosa estimación é que a taxa de aforro ao final do exercicio móvase nunha cifra do 6% e mantéñase nesta cifra para o ano que vén. O aforro é necesario para a solvencia de empresas e familias e para o crecemento a longo prazo. A variable vital é a renda dispoñible que, con todo, crece por aumento de salarios e pensións".

A vivenda e os alugueres

Con síntomas de requecemento especialmente nas grandes cidades, parece tocar teito. O arrefriado na demanda e a caída da confianza tamén xogan con máis peso do que poida ter o aumento da renda dispoñible das familias, o efecto riqueza pola revalorización dos activos ou os baixos tipos de interese para financiar a compra de vivenda. Do mesmo xeito que tampouco está a influír a mellora dos indicadores de esforzo de compra na potencial clientela. Hai que ter en conta que a construción vén dando traballo a man de obra pouco especializada que tamén se pode resentir por iso.

En canto ao turismo, témese que a tendencia de crecemento destes últimos anos non teña continuidade, pola recuperación dos destinos alternativos do mediterráneo, polo cambio climático coa chegada de veráns calorosos en Europa e polas consecuencias imprevisibles do Brexit. Todo isto pode afectar tamén o turismo residencial que tanto compensa a estacionalidade do noso turismo tradicional. Por riba os ventos de fóra non axudan, intensificándose a freada da zona euro. “A desaceleración do sector manufactureiro, especialmente en Alemaña, está a contaxiar ao de servizos e en xeral ao emprego. A súa economía bordea a algo a confirmar ou non cando se coñezan os datos definitivos deste período”.

O problema das pensións que é inaprazable, así como o do financiamento das autonomías, que segue sen resolverse, impiden o control do déficit na parte que lles corresponde.

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)