Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A lucense Ibersys, recoñecida por Cepyme



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



A compañía galega suma ao recoñecemento da Confederación Española de Pequenas e Medianas Empresas a distinción recibida polo Consorcio Zona Franca de Vigo no seu informe Ardán como “Empresa xeradora de riqueza 2019”. Presta servizo a máis de 38.000 empresas de España, ten 50 oficinas e dá traballo a 600 profesionais especializados en seguridade e saúde laboral.


O crecemento empresarial no actual exercicio económico fai que teña previsto pechar cunha facturación de 28 millóns de euros fronte aos 19,25 do 2018. O presidente da firma, José Antonio Grandío, achegouse á gala celebrada en Madrid a pasada semana para recoller o recoñecemento dos empresarios por saber adaptarse aos cambios das contornas de traballo.

Ibersys traballa na consultoría xeral en prevención de riscos laborais, seguridade no traballo, ergonomía, hixiene industrial, vixilancia da saúde,  psicosociología aplicada, promoción da saúde e coordinación de actividades empresariais. Suma máis de 20 anos de experiencia con pequenas, medianas e grandes firmas, na actualidade orienta a súa filosofía “cara á empresa saudable”.  

A compañía asumiu os principios da Organización Mundial da Saúde na Carta de Ottawa proporcionando aos clientes estratexias baseadas en cinco áreas de acción:  establecer unha política pública saudable, crear contorna que apoien a saúde, fortalecer a acción comunitaria para a saúde, desenvolver as habilidades persoais e reorientar os servizos sanitarios. Proximidade, redución da sinistralidade, mellora na seguridade dos procesos e na percepción da calidade por parte de clientes e provedores e unha optimización da xestión son algúns dos obxectivos que logra.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)