Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 39% das multas a furgonetas en Galicia foron por exceso de velocidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Javier Losada, delegado do Goberno, chama a atención sobre unha cifra que cualifica de “preocupante” tras a última campaña de control destes vehículosentre os días 28 e 31 de outubro. Fíxose nas estradas, sobre todo nas convencionais, as que máis accidentes rexistran; e en zonas próximas a centros comerciais, polígonos industriais e lugares de carga e descarga.


Tras os excesos de velocidade a sanción máis frecuente foi a ausencia da Inspección Técnica de Vehículos, que xerou o 11,6% das denuncias, seguido do exceso de peso e o non facer uso do cinto de seguridade.

Durante os catro días controláronse en Galicia 4.953 furgonetas das que foron sancionadas 397 cun total de 441 denuncias. Os axentes de Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobaron a velocidade, a documentación tanto do vehículo como do condutor, a carga transportada, se os condutores conducían con presenza de alcol e drogas no organismo ou se se pasaron a I.T.V.

Por provincias, A Coruña rexistrou controis de 1.218 furgonetas; Lugo controlou a 1.617; nas estradas de Ourense controláronse 550 e en Pontevedra, 1568 furgonetas. En canto ás denuncias, o maior número de vehículos denunciados corresponde á Coruña onde se impuxeron o 35,8%; seguida de Lugo co 32%; Pontevedra cun 27,9% de denuncias e Ourense, con só un 4% do total das denuncias de Galicia.

Diferencias

As furgonetas presentan unhas características dinámicas e de utilización distintas a outros vehículos que as fai diferentes, non só no que a condución refírese senón tamén á accidentalidade. Como apunta a DXT, en 2018, “estiveron implicadas en 10.844 accidentes con vítimas, nos que faleceron 234 persoas, das cales 81 eran ocupantes da furgoneta e 153 foron falecidos terceiros”, é dicir, ocupantes doutros vehículos ou peóns implicados nos devanditos accidentes.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)