Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ata o día 8 en Róterdan



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Máis de 200 industrias asociadas a Asime están na importante feira holandesa de Europort dende onte ata o 8 de outubro. Congrega a máis de 1.000 expositores e 27.000 profesionais e alí o noso sector quere recuperar a posición que tiña antes das crises de Vulcano e Barreras.


Enrique Mallón, Secretario Xeral de Asime, destaca a necesidade de estar nestas feiras para logralo. “Europort é un referente para explorar as posibilidades de negocio e avances tecnolóxicos no ámbito dos barcos de traballo, remolcadores, dragas… E en Galicia contamos con estaleiros e empresas auxiliares e complementarias cun altísimo nivel de calidade neste segmento”.

Mallón engade que “estamos a comprobar avances en tecnoloxía marítima e achegando posturas en colaboracións e contratos de empresas galegas con armadores, estaleiros e industrias de equipos e maquinaria principalmente holandeses”. En colaboración co ICEX e o IGAPE, levan caseta propia e teñen presenza no programa.

Tamén unha vintena de empresas vinculadas á industria naval e marítima aproveitan para acudir persoalmente ao encontro internacional, onde están a explorar  opcións de negocio para a actividade no exterior: Nodosa Shipyard, CT Solutions  Group, Mecanizados Tecnolóxicos Vigo (Mecatec), Cedval Marine Solutions, Irmáns Alfaro, Industrias  Ferri, Vigo Marine  Services, Ibercisa, Dinak, Coterena, Desenvolvemento de Técnicas Industriais de Galicia (Detegasa), Reparacións Navais Diaz, Fundiciones Adrio,  IEMI Cabaleiro.... Algunhas delas mesmo con caseta propia. Ademais de Holanda, Corea e Grecia, a seguinte presenza en número na feira é a galega e española.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)