Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cartos de axuda á industria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



17 solicitudes foron as presentadas en Galicia á convocatoria do 2019 do Programa de Apoio ao Investimento Industrial Produtivo (Plan REINDUS) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, cuxo prazo pechou este luns 4 de novembro. O total de préstamos pedidos supera os 36 millóns de euros.


Galicia sitúase en noveno lugar en número de solicitudes e en sétimo lugar en préstamos solicitados. A Coruña lidera o número de solicitudes con 7 (18 millóns de euros), seguida de Pontevedra con 7 (13,5 millóns de euros), Ourense con 2 (3 millóns de euros) e Lugo con 1 (1,1 millóns).

Este programa, o REINDUS, pedía un orzamento mínimo financiable de 100.000€ e os importe máximo do financiamento para conceder é do 75% sobre o orzamento  financiable. “O éxito da convocatoria demostra o importante impacto territorial desta nova edición do Programa, que por primeira vez recibe solicitudes de todas as Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla; porque reforza as axudas ás empresas para favorecer a modernización e facilita a creación de novas empresas industriais” di o secretario xeral de Industria e da Peme, Raúl Blanco.

O montante de préstamos solicitados en toda España ata o pasado luns, día en que se pechou o prazo, ascende a 655.729.032 euros, cifra superior á dotación do programa (400 millóns de euros). É a segunda convocatoria de 2019. Na primeira, o Programa concedeu 388 millóns de euros de préstamos a 211 proxectos. O deseño e a execución do Programa realizouse mediante xestión compartida coas Comunidades Autónomas. Así mesmo, incorpora un aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e o apoio á transición xusta en zonas vulnerables por procesos de  descarbonización. O apoio financeiro adoptará a forma de préstamos do 75% do orzamento  financiable cun tipo de interese fixo do 1% ao longo de toda a vida do préstamo. Os préstamos son a longo prazo, dez anos, os tres primeiros de carencia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)