Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As gasolineiras reaccionan



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Tras da publicación onte dunha noticia en La Voz de Galicia cunha lista das máis baratas na provincia lucense, a Asociación Provincial de Estacións de Servizo de Lugo manifesta un “profundo malestar” por un artigo que atribúe a maior carestía “a un suposto maior marxe de beneficio das gasolineiras, sen coñecer a realidade do sector”.


Lembran que unha gasolineira de baixo custo non soamente non ten que responder a custos de persoal, “senón tamén de formación, e dunha serie de requisitos que si temos que cumprir as atendidas, o que evidentemente repercute no prezo do combustible”. Se ben engaden que probablemente con menor marxe de beneficio que as chamadas baixo custo.

Resaltan que levan anos loitando pola necesidade de contar con gasolineiras atendidas e seguras e que conten con persoal suficientemente cualificado e capacitado para a subministración de combustibles, como é o caso das que forma parte desta asociación. “Trátase dunha necesidade que favorece non só ao usuario que recibe un maior e mellor servizo, senón tamén á comunidade onde se sitúan as estacións atendidas ao xerar emprego e riqueza a nivel local”, explican nun comunicado. As estacións de servizo atendidas dan traballo a centos de persoas na provincia, e fan un chamamento por esto para a responsabilidade pública e social no apoio ao mantemento destes postos. Gas e gasolina e gasóleo son substancias perigosas e a súa utilización, defenden, “non pode depender de persoas con nula formación no seu manipulado, de forma que o condutor que se ve obrigado a encher en solitario sométese a unha serie de riscos para a súa saúde e integridade física”.

Tendo esto en conta o colectivo reclama “unha vez máis”maior responsabilidade por parte das Administracións competentes para regular un sector cunhas especificidades e perigo que non se pode obviar. E piden a aqueles capaces de influír e xerar opinión, léase os medios, “maior responsabilidade e profundidade na análise das cuestións que afectan o sector”. Subliñan que de seguir así a situación, ao final veranse obrigados a pechar e animan á poboación a “ao adquirir un ben ou servizo valorar non soamente o prezo, senón tamén a calidade do que nos ofrecen”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)