Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Agricultores e gandeiros portugueses fan intercambio formativo en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Onte terminou a rama galega do “Programa de Estancias Transfronteirizas” no que participaron 16 profesionais lusos para visitar explotacións e centros tecnolóxicos en Galicia. Estiveron, entre outro sitios, en Casa Grande de Xanceda, na cooperativa Aira, na adega Martín Códax e no Centro Tecnolóxico da Carne.


O día 18 comezaron cunha xornada formativa, os participantes valoraron especialmente a oferta de servizos aos socios das cooperativas, algo que lles gustaría mellorar en Portugal. A próxima semana serán profesionais galegos os que viaxen ao país veciño.

O día 19 o grupo dividiuse, unha decena de participantes visitou Casa Grande de Xanceda para coñecer o funcionamento dunha das maiores granxas de leite ecolóxico,  e despois unha das explotacións de vacún lácteo asociadas á cooperativa Aira e, para finalizar, desprazáronse ata a fábrica de pensos da cooperativa, situada en Taboada (Lugo). Aira integra máis de 2500 persoas socias e dá emprego a máis de 300, entre fixas e eventuais. O resto dos participantes desprazouse ata a adega cooperativa Martín Códax (Cambados), e despois ata Ribadavia, para ver a cooperativa Viña Costeira, Xa onte, todos estiveron no Centro Tecnolóxico da Carne, en San Cibrao das Viñas, e, en Riós, unha explotación ecolóxica de carne de razas autóctonas de Galicia,socia da cooperativa Verín Biocoop.

O proxecto europeo LACES, no que participa AGACA, Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias convoca o programa de “Estancias Transfronteirizas” para a identificación de puntos de mellora e posibles estratexias na nosa eurorrexión. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)