Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os plans de pensións son necesarios, así o cren 6 de cada 10 españois



REDACCIÓN · PUBLICADO O 21 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Tema tabú para os partidos políticos agás un, a xente decátase de que a cousa está complicada. Bruxelas avisa, a hucha das pensión está baixo mínimos, vivimos bastantes anos e temos poucos fillos. Moitos asumen que malia que haxa un sistema público para garantir un mínimo digno, cómpre ir aforrando para completar, e son os máis novos os que o teñen máis claro.

O 61% dos españois cren que os plan privados son necesarios, pero esta porcentaxe sobe ata o 70% no caso dos mozos de entre 18 e 24 anos, os mellor situados para organizar a vida con tempo. Así o recolle MAPFRE, que realizou un estudo sociolóxico dado hoxe a coñecer coas prioridades dos españois respecto deste tema.

Entre as principais preocupacións á hora de facerse maiores é non ter suficientes recursos económicos tras a xubilación (64%), e é lóxico. Só queda por detrás de ter problemas de saúde ou poder chegar a unha idade avanzada (87%). Cunha esperanza de vida cada vez máis alta, as pensións pasaron a converterse nunha das preocupacións da maior parte da sociedade. Máis de 8 de cada 10 españois non confían en que sexan suficientes para manter o seu nivel de vida cando se xubilen, en concreto un 83%.  

Os homes, as persoas máis novas e as de maior idade son os que en maior medida opinan que as pensións si serán suficientes pero as mulleres e persoas con idades intermedias, tenden con maior frecuencia a ser máis pesimistas. Pero todos pensan que traballarán de media 6 anos máis dos que lles gustaría para poder cobrar a pensión e deixar os madrugóns. A idade ideal para eles sería aos 61, de media consideran que só lograrán xubilarse cando cumpran os 67.

Sí aos plans de pensións

E téñeno claro: se tivesen capacidade de aforro, o 42% dos españois gardaríao para a xubilación. Máis do 40% dos enquisados ten un plan de pensións ou ten pensado facerse un (44%) 

No estudo, realizado por Sonda, participaron 3.022 individuos de 18 a 65 anos, diferentes sexos, idades e comunidades autónomas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)