O emprego que se pode atopar no mundo termal
O mércores 27 de novembro na Escola de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo reuniranse profesionais e universitarios para achegarlles as oportunidades dun sector onde hai campo. A Asociación de Balnearios de Galicia é a que organiza a xornada baixo o nome “Termalismo sostible para o século XXI”.
Tal como explica a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, “o obxecto é amosar como os balnearios melloran a calidade de vida dos usuarios, non comprometen o futuro do recurso e dinamizan as comarcas nas que se sitúan. Se na actualidade o termalismo galego pode presumir de liderar gran parte dese mérito corresponde ao importante papel que tivo a promulgación da Lei 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas. A normativa propiciou que Galicia entrara nun proceso de renovación e ampliación das súas instalacións termais e que puideran artellarse novas liñas de negocio”.

Na xornada intervirá o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios que salienta que “a auga é un recurso mineral renovable, polo que debe estar protexido. Se a auga mineral se contamina ou prexudica deixará de ter esa condición, co que perderemos un elemento valiosísimo”. A lexislación mineira establece tres zonas, nas que se fixan diferentes graos de protección, limitando as actividades que poidan afectar ao recurso. “E dende a Cámara Mineira, como xestores do catastro mineiro, poñemos ao servizo público a localización xeográfica deses perímetros e facemos un seguimento da lexislación e dos proxectos que se levan a cabo dentro destas zonas de protección que poidan poñer en perigo o recurso. As medidas actuais son as mínimas necesarias para protexer os acuíferos pero cómpre, ademais, concienciar do risco que representan as actividades que se levan a cabo dentro dos perímetros de protección”.
Fixa poboación no rural
Tanto a auga mineral destinada a bebida como as augas mineromedicinais dos balnearios favorecen a fixación da poboación no contorno na que se localiza o recurso e as empresas dedicadas á explotación do mesmo. “Trátase dun emprego de calidade, pois para traballar requírense profesionais cualificados”.
Mª del Mar Corral, directora do Departamento de Investigación en Recursos Geológicos do IGME -Instituto Geológico y Minero de España e tamén convidada lembra que “es necesaria una protecciónadecuada del recurso hidromineral, tanto cuantitativa como cualitativamente”. En relación á calidade da auga,indica que “no se pueden variar las características físico-químicas del recurso ni las propiedades microbiológicas que determinan su condición de agua mineral”. “En el caso de la legislación gallega, se establece una protección máxima media y mínima. De este modo, se pone límite a determinadas actividades, al tiempo que se evitan otros sondeos para garantizar que no disminuya el caudal que tiene concedido una determinada empresa balnearia o embotelladora".
Comentarios (0)