Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Consellos para o crecemento e a internacionalización



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) acolle este xoves o IV Foro “Alternativas de financiamento para o crecemento e a internacionalización”, un encontro promovido por Cepyme e enmarcado no proxecto Cepyme500.


Esta iniciativa está dirixida a empresas que forman parte do devandito proxecto e a potenciais interesados en cómo obter o financiamento necesario para abordar procesos de crecemento e internacionalización. Na xornada abordaranse, entre outros temas, o financiamento para a internacionalización das empresas e como combinar o crédito bancario tradicional con outras alternativas de financiamento para impulsar o crecemento.

Entre os relatores estarán o director xerente de Bolsas e Mercados de España (BME), Jesús González Nieto; o director xeral de AXIS (xestora de capital risco do Grupo ICO), Guillermo Jiménez, e o director de Banca de Empresas Organización Noroeste de Bankinter, Manuel García, así como representantes de distintas empresas que exporán as súas experiencias á hora de obter o necesario financiamento. Na clausura do encontro intervirán o representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, Antonio Fontenla; o secretario xeral de Cepyme, Pedro Fernández Alén, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)