Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As familias confían no comercio local e no “cara a cara” para organizar os seus eventos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 25 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



É unhas das conclusións recollidas tras o peche onte á tarde de Celebra en Expourense. Na 20ª edición reflectiuse a preferencia das parellas e as familias galegas que teñen comunións, bautizos ou bodas en 2020 e 2021 polos produtos que ofrece o pequeno comercio. O venres 29 celebrarase o 7º Foro da Comunicación de Galicia e a entrega do IV Premios Paraugas da Comunicación.


Os descontos especiais de feira, a calidade, o alto grao de especialización e as garantías do comercio local e o trato “cara a cara” foron os principais atractivos que atraeron a máis de 1.000 visitas, a meirande parte delas parellas novas. Celebra 2019 reuniu a 40 expositores, o 85% da provincia de Ourense.

As dúas pasarelas incluiron ademais a actuación da cantante caldelá Velusa, coñecida pola súa participación no concurso de cantareiros do programa “Luar”, e da cantante galega Sabela. As oito firmas que participaron nesta pasarela coordinada un ano máis pola Axencia Luena (Nicandra, As Badaladas, Angelo Milano, Loyma, París Diffusion, El Tocador de Anabel de Allariz e Duet Moda) presentaron deseños de coleccións de fabricación propia, acompañados por estilismos internacionais en perruquería e maquillaxe e novas tendencias en xoiería fabricada en Ourense e a medida. Nesta pasarela pudieron verse as novas tendencias en moda nupcial con noivas con vestido curto e en pantalón, xa que cada vez é máis frecuente contar con dous vestidos para o día da voda, un para a ceremonia e outro para a festa posterior.

No referente aos eventos, os profesionais desta edición coinciden en que algúns dos elementos máis demandados están sendo a animación, a introdución de  photocalls, fotomatóns ou coctelería especializada. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)