Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Real Academia Galega de Belas Artes nomea Académico de Honra a César Antonio Molina



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



O político coruñés é recoñecido polos “seus méritos como escritor, profesor, crítico e xestor cultural”. Foi un dos impulsores da candidatura da Torre de Hércules para converterse en Patrimonio da Humanidade, declarada no ano 2009. E doou toda a súa biblioteca, con moitos volumes sobre Historia da Arte, á Deputación da Coruña.


“Na súa etapa como ministro de Cultura Galicia estivo nas súas prioridades, ao tempo que apoiou tanto á Academia Galega de Belas Artes como a outros coletivos artísticos e literarios”, apuntan dende a RAGBA.  Tamén valóranse os seus cargos de director do Círculo de Bellas Artes de Madrid e de director do Instituto Cervantes entre os anos 2004 e 2007. Neste último caso, a institución recoñece que “desde a súa chegada reforzou a expansión, coa apertura de numerosas sedes por todo o mundo”.

Nado na Coruña en 1952 licencouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e en Ciencias da Información pola Complutense de Madrid. Doutorouse cum laude co traballo de investigación “La prensa literaria española”, publicado en tres volumes. Foi profesor da Complutense e nos últimos anos na facultad de Humanidades y Periodismo da Universidad Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidad de Verrano de El Escorial.

Como xornalista e escritor, mantivo como leit motiv a súa cidade natal e a Torre de Hércules. Mesmo rescatou, estudou e fixo posible a publicación da revista Alfar, interaccionando arte, sociedade e literatura; “aspecto que sempre coidou enormemente cunha ansia informativa e formativa”. Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16, onde foi director adxunto e responsable das páxinas de Cultura así como dos Suplementos “Culturas” e “Libros”. É autor de seis tomos titulados “Memorias de ficción”, crónicas de viaxes e crítica de arte e literaria. Dende a Academia salientan que “como director-xestor, reanimador do Círculo de Bellas Artes de Madrid, sempre deu pulo aos creadores galegos”.

Condecoracións e recoñecementos

Recibiu o Premio Fernández Latorre (2004), Cabaleiro das Artes e das Letras de Francia (2005), Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Carlos III (2009), Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana (2009) e a Condecoración Orde ao Mérito de Bernardo O´Higgins (Chile, 2009). É Doutor Hornoris Causa de varias universidades, entre elas a Universidade de Nápoles, A Oriental (2009). Foi Medalla Castelao de Galicia (2010), Medalla de Ouro ao Mérito da República de Serbia (2017), Premio Literario das Letras de Bretaña (2007) e Premio Internacional de Periodismo de Cáceres (2015).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)