Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

BDO inaugura oficina na Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Unha das principais firmas globais de servizos profesionais estrea espazo na céntrica Praza de Ourense. Con esta apertura, que se suma ás oficinas avertas en 2011 en Vigo, consolida presenza na rexión tras subir a facturación máis dun 100 % nos últimos dous anos.


As dúas oficinas suman un equipo máis de 40 profesionais (preto de 1.200 empregados en toda España), o que lle permitiu participar no asesoramento financeiro de máis dunha decena de empresas galegas.  Os dous socios en Galicia, Pelayo Novoa e Jorge Montoya, rexistraron tamén un crecemento exponencial nos últimos anos ata chegar a duplicar a facturación polos servizos de Asesoramento Financeiro.

Pelayo Novoa, socio director de BDO en Galicia, explica que “confirma que estamos a conseguir os nosos obxectivos de crecemento e mantemos perspectivas moi positivas. Seguiremos reforzando áreas como M&A e asesoramento financeiro, pero tamén Outsourcing e consultoría, liñas de negocio consolidadas, de acordo cos nosos plans e que representarán un 50 % do total da nosa facturación nos próximos dous anos”. “Ademais,estamos envorcados en potenciar os nosos servizos con todo o relacionado coa elaboración e verificación do informe de información non financeira, que xorde da recente Lei de Información Non Financeira e Biodiversidade. Un aspecto que compromete a numerosas empresas en Galicia e para o que contamos con equipos especializados". A inauguración desta nova oficina suporá reforzar os servizos das liñas de negocio de consultoría, e confírmase a consolidación das liñas de servizo de  outsourcing e servizos relacionados coa dixitalización.

En canto á tipoloxía de clientes, seguirá poñendo o foco en empresas con vocación internacional ás que poder ofrecer os seus servizos a través da súa rede global (máis de 1.500 oficinas en 162 países), o que permite á firma seguir incrementando o número de servizos relacionados con grandes operacións corporativas en Galicia.   Entre os principais sectores estratéxicos na rexión atópanse o téxtil, conserveiro, madeira, enerxía, pesqueiro, naval, metal e fitness coa xestión de instalacións deportivas. “A boa marcha da nosa firma en Galicia é indiscutible, e confirma o crecemento grazas a nosa oferta de asesoramento, a especialización en sectores e mercados, e a nosa capacidade internacional" recoñece Alfonso Osorio, presidente de BDO. “Contamos cun equipo de persoas excelente, estou seguro de que manteremos esta senda de crecemento nunha rexión estratéxica”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)