Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En busca do termalismo sostible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



A Asociación de Balnearios de Galicia organiza hoxe unha xornada centrada na protección da auga como recurso mineiro. Celébrase na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e reúne a profesionais vencellados ao sector dende diferentes ámbitos (Administración, universidade e empresas).


Na inauguración da xornada participan o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios; xunto á directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Elena Alonso.

De seguido terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre a importancia de protexer a auga como recurso mineiro co fin de poder garantir o seu futuro. Intervirán a científica titular do IXME (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España), Mª del Mar Corral; o decano-delegado do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Juan José Iglesias; a secretaria xeral da Asociación Nacional de Empresas de Augas de Bebida Envasadas (Aneabe), Irene Zafra; o director-xerente de Caldaria Hoteles y Balnearios, Javier Soto; ademais do director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Diego López.

Por outra banda, no transcurso deste acto vaise presentar a nova páxina web da Asociación de Balnearios de Galicia. E o director xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, será o encargado de pechar a sesión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)