Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco consellos para minguar o desperdicio alimentario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



En España o que tiramos nas nosas casas supera os 1.300 millóns de quilos/litros. O que máis son froitas, hortalizas e verduras, o 46% de produtos sen utilizar; e o mellor aproveitado é a carne. O noso país comprometeuse a reducir este desbalde á metade en 2030, pero queda moito por facer.


A ONU estima que un 10% das emisións de gases efecto invernadoiro son causados pola comida que se tira ao lixo e non se aproveita. Segundo datos do Ministerio de Agricultura no caso da carne, máis concretamente na de vacún, 4,96 millóns de quilos en España, o que apenas representa o 0,4%. Unha cifra positiva: case toda a carne acábase consumindo e ten practicamente desperdicio cero, o que debería ocontecer con todos os alimentos.

O problema do desperdicio alimentario está relacionado con malos hábitos de compra e consumo, e polo xeral é algo evitable. Provacuno, a Interprofesional da Carne de Vacún, ofrece 5 sinxelos consellos para axudar a acabar con este problema:

1. Comprar de forma responsable. Só as cantidades adecuadas de alimento.

2. Aproveitar os sobrantes con creatividade. Cociñar co que sobra na neveira. Por exemplo, coa elaboración de cocido podemos cociñar durante a semana croquetas,  canelones ou pasta con verdura e carne.

3. Elaborar unha lista co necesario antes de ir facer a compra, ir co estómago baleiro non é unha boa opción. Adoitamos comer polos ollos e  incluímos na lista demasiados produtos que non podemos consumir e que, finalmente, acaban botándose a perder. Cando cociñamos máis cantidade da necesaria, é recomendable conxelar os alimentos sobrantes.

4. Revisar a data de consumo e caducidade e data de consumo preferente. Se acumulamos moitos produtos perecedoiros nos seguintes días, non teremos máis remedio que tiralos. Se temos claro que non imos consumilo antes da data de caducidade, a carne de vacún pode conxelarse por un período que vai entre os 4 e os 6 meses e se se desconxela ben mantéñense intactas as características. Recoméndase conxelar pezas de 250 gramos como máximo e envolvelas en papel filme.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)