Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Eficacia, eficiencia e sostibilidade, por riba de ideoloxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Os expertos da Rede Localis aseguran, no seu informe “A remunicipalización dos servizos públicos locais. Prestacións públicas ou privadas?”, que os modelos de xestión non deben responder a criterios ideolóxicos, senón téctinos.


Este informe pretende ser unha ferramenta para os xestores municipais á hora de decidir os posibles modelos de xestión dos servizos públicos. Para iso os autores, María Cadaval, profesora de Economía da USC, e Álvaro Casas, xefe de Servizo de Asistencia Económica-Presupostaria da Deputación de Cáceres, consideran imprescindible aclarar o concepto de “remunicipalización” e que do que se trata en realidade é de “reinternalizar” os servizos.

O estudo céntrase en dar resposta a unha das preguntas claves: que hai de emocional e que de real nos cambios que se propoñen cando se presenta unha reinternalización? Nese sentido, propón que os modelos de xestión dos servicios públicos deben basearse en decisións de natureza técnica, non en prexuízos de índole ideolóxica, e decantarse polo xeito que máis beneficie ao cidadán. Así mesmo, sostén que a marxe de discrecionalidade da Administración non é sinónimo de arbitrariedade e a súa decisión debe fundamentarse en resultados de eficacia, eficiencia e sostibilidade. Ademais, lembra que a normativa de réxime local non establece a preferencia entre distintas formas de xestión –directa o indirecta–, aínda que si determina que a reinternalización dun servizo ten que estar motivada por unha xestión directa máis sostible e eficiente que a indirecta.

Os autores recalcan que non existe superioridade natural dunha forma de xestión sobre outra, e que se debe atender as distintas lóxicas en función da definición do servicio que se vai prestar. “Nin a privatización nin a reinternalización –engaden– son o final de ningún camino, senón só o comezo dun novo, que convirá desandalo no caso de que a xestión adoptada non sexa nin a máis eficiente nin a máis sostible”. Ambos expertos consideran que o marco normativo español é profuso e complexo na regulación dos servizos públicos. Botan en falta criterios claros de prestación, unha estrutura tarifaria transparente e fórmulas de control eficaces que garantan a correcta prestación.

Ejemplos en Galicia

Galicia contou na última década tres reinternalizacións de servizos locais: en Arteixo, Teo e Santiago de Compostela. O primeiro pasou a xestionar directamente o servizo da auga. Os técnicos municipais puideron demostrar que a empresa actuaba a través de subcontratas con sobreprezos de entre o 25% e o 245% e incumprindo o compromiso de investimentos previsto. Teo devolveu a xestión pública o servizo da auga en 2015 á concesionaria Aquagest, pola liquidación do contrato e a nulidade da prórroga concesional outorgada no ano 2007.

O servizo da ORA e a grúa municipal de Santiago de Compostela foi recuperado para a xestión directa a través da empresa municipal Tussa en xuño de 2018, tras a anulación do concurso que outorgou a concesión a Setex Aparki, co informe en contra do interventor municipal e con flocos legais aínda pendentes de resolver.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)