Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 38.000 corredores rematan o ano nas 53 sansilvestres galegas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



A Coruña é a provincia galega con máis carreiras (26), seguida de Pontevedra (12), Lugo (10) e Ourense (5). Segundo o “I Estudo EDP a Enerxía de San Silvestre”, en España celébranse cada año 1.289 sansilvestres, e Galicia é a oitava rexión con máis corredores nestas probas.


A compañía enerxética EDP vén de presentar este estudo, no que se salienta que as sansilvestres galegas destacan polo seu carácter social e solidario. No caso da Quedada Solidaria San Silvestre de Arzúa, a inscripción realízase doando un xoguete, co que se chegou a recadar o pasado ano máis de 3.000 euros. Outro exemplo é a San Silvestre de Monterroso, na que para poder participar cómpre doar un mínimo dun quilo de alimento non perecedoiro.

A unión entre pobos da mesma comarca é outra das características que representan este tipo de carreiras, como no caso da Carreira Fin de Ano Ares-Mugardos, na que cada ano comezan a proba nunha localidade e rematan na outra, logrando involucrar a persoas de ambas poboacións.

O fenómeno de San Silvestre comezou en España no País Vasco, na localidade de Galdakao no ano 1961. Dende ese momento, se foron sumando de maneira exponencial novas probas ano a ano, o que supón un crecemento imparable no número de persoas que deciden rematar o ano con enerxía.

Outros datos do estudo indican que tres sansilvestres do total que se celebran en España realizaron máis de 50 edicións, xunto coa de Xixón que celebrará o medio centenario este mesmo ano, e que en Galicia se percorren nestas carreiras un total de 304 quilómetros. Se sumamos todos os quilómetros que realizan os corredores das sansilvestres galegas, se acadan os 2.215.136 quilómetros.

A San Silvestre máis antiga de Galicia é a que se celebra en Pontevedra, que organizou xa 35 edicións. A San Silvestre Club Fluvial Lugo conta con 24 edicións no seu palmarés, a Castrelo de Miño realizou 20 edicións e a de Noia suma 15 edicións. Ademais, esta comunidade autónoma conta con dúas das sansilvestres máis longas en canto a número de quilómetros: a San Silvestre Aranga On Move (Trail), que ten un percorrido de 25 quilómetros, e a Andaina+Trail San Silvestre Minas de San Félix, cuxa distancia é de 24 quilómetros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)