Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

HM Hospitales recibe sete estrelas da acreditación QH en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 28 DE NOVEMBRO DE 2019 · (0)



Os centros do grupo HM Hospitales en Galicia recibiron varias estrelas na acreditación QH (Quality Healthcare) que outorga o Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (Fundación IDIS). Ademais os hospitais de Santiago e Vigo melloraron a súa acreditación.


O Hospital HM Modelo e a Maternidade HM Belén recibiron a acreditación QH (Quality Healthcare) con tres estrelas, a máxima cualificación, que outorga o Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (Fundación IDIS). Pola súa banda tanto os hospitais composteláns HM Rosaleda e HM La Esperanza como HM Vigo conseguiron mellorar a súa acreditación ao pasar dunha a dúas estrelas, o que certifica a excelencia destes tres centros.

A directora médico de HM Hospitales en Galicia, Pilar Múgica, destaca que o ser merecedores desta acreditación “é un exemplo máis da implicación que ten todo o noso persoal en mellorar día a día para ofrecer unha atención de excelencia aos pacientes e anímanos a seguir apostando pola mellora continua en calidade e innovación”.

O anuncio desta concesión produciuse hoxe en Madrid no acto da sexta edición de entrega de acreditacións QH, un recoñecemento que valora a excelencia, a calidade asistencial e a seguridade das organizacións sanitarias.

HM Hospitales é o grupo co maior número de centros acreditados, segundo anuncian nun comunicado no que aseguran que isto “consolida á compañía como o grupo hospitalario de referencia neste selo”. O director de Calidade e Xestión de HM Hospitales, José Tolsdorf, sinala como claves deste ascenso o traballo realizado en torno á xestión de riscos para a seguridade do paciente e o sistema para a vixilancia, prevención e control das infeccións relacionadas coa atención sanitaria nos hospitais. “Para o paciente isto supón unha garantía adicional debido a que podemos asegurar que está na contorna máis segura posible”, asegura Tolsdorf.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)