Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A campaña do Craega "Somos Semente" gaña un Premio Paraugas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



Concebido como relato audiovisual de tres capítulos, o xurado outorgoulle o galardón na categoría de Mellor Estratexia Dixital, un traballo asinado pola axencia Roi Scroll para dar a coñecer a produción ecolóxica galega.


Con difusión exclusiva en Facebook, Twitter, Instagram e Youtube, o Consello da agricultura ecolóxica tira da compoñente emocional e, con máis de 3,2 millóns de impresións e 764.841 visualizacións desde de outubro ata hoxe, a campaña colleita excelentes resultados.

Convocado polo Clúster da Comunicación de Galicia e entregados o pasado venres en Expourense, o certame e os premios poñen en valor o traballo das empresas e creativos galegos.  Esta é a primeira vez que o Craega decide poñer en marcha un formato promocional con difusión exclusiva en soportes dixitais.

O Consello é a única autoridade de control que certifica este modelo de produción na comunidade. Co seu selo é posible atopar produtos agrarios de orixe animal ou vexetal destinados á alimentación humana; pero tamén pensos, material de reproducción vexetativa e sementes para cultivo, fermentos para o consumo humano ou animal e produtos de acuicultura ecolóxica (peixes, algas e moluscos). O Craega non certifica pesca extractiva nin caza.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)