Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Álvarez Real súmase ao Consello Asesor da CEL



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



En total, unha trintena de firmas forman parte do órgano interno de consulta e apoio á entidade, que agrupa ás compañías con maior proxección (por tradición, volume de emprego e/ou facturación, crecemento ou internacionalización) da provincia de Lugo.


Entre as firmas que forman parte deste “grupo forte” destacan as do sector agroalimentario (tamén polo propio peso que ten na provincia), como Alibós, Cafés Candelas, Granja Campomayor, Grupo Leche Río, Armadores de Burela, Puerto Celeiro, Vinigalicia ou Megaro Foods. Ademais, xa pertencentes a outros sectores, forman parte deste órgano da organización empresarial lucense Abanca, Arenal, Begasa, Caixa Rural Galega, Gadisa, El Progreso, Mercadona, Tableros Hispanos, Transportes Valín e Hijos, Magnesitas de Rubián, Macrocopia, Monbús, Grupo Norbel, Grupo San Froilán, Aguirre XXI, Martínez Arquitectura, Ibersys, Lugo Tradime Servicios, Audi Center Lugo, Blades Comunicación ou San Xiao Export.

Con esta integración, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o despacho lucense buscan tamén compartir sinerxias no apoio ás empresas lucenses, aproveitando a implantación de ambas entidades na provincia de Lugo e o seu coñecemento da problemática e das necesidades do tecido empresarial do seu territorio.

Alvarez Real é un despacho multidisciplinar con forte implantación non só en Lugo, senón tamén en Galicia. En decembro do pasado exercicio celebrou os seus 50 anos de historia como empresa plenamente consolidada, que conta na actualidade cun cento de traballadores, unha carteira de máis de 20.000 clientes e 11 delegacións (dez na provincia de Lugo e unha na Coruña).

Fundada polos irmáns Sino xa falecido e Cándido Álvarez Real, nace e medra como empresa familiar, hoxe xestionada por unha segunda xeración, que traballa na continua expansión do negocio, reforzando os seus múltiples servizos con áreas especializadas como propiedade intelectual ou rexistro de patentes, ou apostando pola dixitalización e a apertura de novas delegacións.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)