Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Traballadores galegos do Santander manifestaranse mañá en Vigo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



A Sección Sindical de UXT-FeSMC de Banco Santander en Galicia convoca unha concentración ás 16.30 horas ante a oficina de Policarpo Sanz para, dicen, “denunciar o acoso laboral practicado no desenvolvemento do ERE". A entidade xa reduciu o seu persoal en España en 3.069 traballadores, en Galicia 249. 


O 55% das saídas prodúcese vía prexubilacións e o 45% restante mediante indemnizacións. Desde a Sección sindical lembran que UXT asinou o acordo de extinción colectiva desde a responsabilidade que esixe a adaptación da empresa tras o proceso de fusión con Banco Pastor e o Popular, “tentando conseguir as mellores condicións posibles para a saída dos compañeiros e compañeiras que voluntariamente abandonasen a entidade. E, a pesar disto, fórzase a saída de traballadores que non o solicitaron, mediante prácticas abusivas”.

As cifras falan: 5.558 solicitudes de adhesión voluntarias ao ERE (segundo información da propia empresa) para amortizar 3.223 empregos, o cal debería facer reflexionar á empresa sobre o ambiente laboral que se vive nas oficinas. “Pero a empresa preferiu forzar a saída de compañeiros que non o solicitaron de forma voluntaria coaccionando e ata enganando, e rexeitar as solicitudes dos que pediron a saída de forma realmente voluntaria”, afirma o sindicato. 2.528 solicitudes foron rexeitadas.

A pesar das baixas voluntarias, os “voluntarios forzados”, o Banco Santander opta polo despedimento forzoso de 26 traballadores, 9 en Galicia, especialmente no tramo de persoas máis novas. A empresa tiña máis de 100 solicitudes de empregados e empregadas que querían abandonar a empresa de forma voluntaria por cada despedimento forzoso executado. UXT considera que non era necesario forzar vontades, "deixando un persoal aínda máis desmotivado".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)