Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A mellor hamburguesa de Galicia está en Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



Máis de 13.000 persoas de toda España elixiron cos seus votos as mellores do país, que se enfrontarán mañá mércores 4 de decembro nunha final na que o local hostaleiro La Pepita representará a Galicia.


A hamburguesa que foi coroada como a mellor da rexión ten tenreira, rúcula, mozzarella fresca fundida, ourego, tomate seco en aceite de oliva e cebola cruxinte. Desde que abriu o seu primeiro establecemento en Vigo no ano 2012 a marca La Pepita medrou moito, 18 establecementos a nivel nacional (hai na Coruña, por exemplo), cifra que espera incrementar a medio prazo cun plan de crecemento para chegar ás principais capitais españolas con franquías.

Desde o pasado 1 de novembro miles de persoas ao longo e ancho do país probaron as propostas que 101 hamburgueserías presentaron a concurso para facerse coa coroa nacional exercendo como críticos no certame gastronómico máis democrático celebrado ata a data.  Avaliaron a calidade da carne, do queixo, do pan e a proposta global en cada caso na web www.lamejorhamburguesa.com.

A mellor de Galicia competirá agora por ser a mellor do país nunha final que se celebrará mañá 4 de decembro no obradoiro do Grupo Paraguas, en Madrid nunha cata cega ante un xurado profesional do cal forma parte o crítico gastronómico de El País, José Carlos Capel, os cociñeiros con estrela Michelín Javi Estévez, da Tasquería, Julián Mármol de Yugo The Bunker e Manuel Domínguez, de Lúa, e a divulgadora gastronómica, Alejandra Ansón. Esta é  a primeira edición que se celebra do campionato A Mellor Hamburguesa co apoio de Estrella Galicia 1906, President, Flor de Esgueva e IGP Tenreira Asturiana.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)