Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

3 sobre 5



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



A valoración das empresas estranxeiras sobre o clima de negocios en España mantense estable e, en principio, as perspectivas dos investidores para o peche deste ano e o próximo son positivas. Son favorables en persoal, facturación e exportacións.


O “Barómetro do clima de negocios en España desde a perspectiva do investidor estranxeiro” recolle as opinións de 580 empresas estranxeiras durante 2019 e as súas perspectivas para os próximos dous anos. Isto permite identificar tanto as fortalezas que é preciso manter como os principais ámbitos de actuación onde centrar máis os esforzos.

A publicación realizouse conxuntamente por ICEX- Invest  in Spain, Multinacionais por marca España e o International Center for Competitiveness do IESE. A área máis importante para os investidores na presente edición foi, como en anos anteriores, o capital humano, seguida polo tamaño do mercado. Outras destacadas son as de infraestruturas, o mercado laboral e a calidade de vida. Un 91% das empresas enquisadas ten previsto pechar 2019 aumentando ou mantendo investimentos en España. Un 92% prevé tamén aumentar ou manter en 2020.

As perspectivas de emprego tamén son positivas e melloran: a porcentaxe de empresas que ten previsto pechar ano aumentando ou mantendo o seu persoal en España pasa a ser dun 90% en 2019. Para 2020 un 91% dos enquisados prevé tamén aumentar ou manter o emprego en España.  Tamén pintan ben as perspectivas de facturación no noso país. Para 2019, un 85% prevé pechar 2019 aumentando ou mantendo. enquisadas son optimistas tamén para o exercicio 2020 e un 93% prevé que aumentará ou se manterá a súa facturación en España.

E con respecto ao volume de exportación, un 74% exporta a terceiros mercados desde España. Só un 6% de empresas ten previsto pechar o presente exercicio cunha diminución das exportacións e unicamente un 4% prevé que diminúan en 2020.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)