Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 65,5% dos traballadores españois cre que a súa empresa medrará en 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE DECEMBRO DE 2019 · (0)



Os profesionais do noso país amósanse máis optimistas que os de países como o Reino Unido (61,9%), Francia (62,5%) ou os Países Baixos (64,9%), pero a taxa a nivel mundial é máis alta e acada o 69,7%, impulsada polo optimismo rexistrado en Estados Unidos (77,1%), Noruega(76,3%) e Portugal (72,1%).


O informe de Randstad sobre as espectativas dos traballadores sobre a súa empresa de cara a 2020 tamén destaca que os homes son máis optimistas en canto ao futuro da súa compañía, xa que o 67,3% dos traballadores prevé unha mellora financeira en 2020, fronte ao 64,6% das súas compañeiras.

En canto ao nivel de formación, os que contan con educación primaria amósanse máis optimistas, xa que o 75,6% pensa que a situación da súa empresa actual mellorará en 2020. Séguenlles os profesionais que contan con educación superior (65,7%) e, por último, os que teñen secundaria (60,9%).

No que se refire a grupos de idade, os profesionais cunha idade comprendida entre os 25 e os 44 anos son os que maior confianza depositan na súa empresa de cara ao próximo ano (67,8%), seguidos polos traballadores de entre 18 e 24 anos (62,5%) e os maiores de 45 anos (62,3%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)