Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha 'app' para mercar de xeito intelixente e local



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XANEIRO DE 2020 · (0)



A plataforma dixital de xeocommerce Goveo facilita comprar nas tendas máis próximas a onde estemos. “Conséguese apoiar á economía local e tamén evitamos desprazamentos innecesarios”, explica Guillermo García Moraga, fundador e CEO desta startup española.


É intuitiva e de uso sinxelo para os consumidores pero tamén para os propietarios dos establecementos, que poden subir os produtos no escaparate dixital. En Goveo pódense dar de alta gratis dunha forma básica e, despois, ten tarifas razoables para os que queiran subir máis produtos: a base é de 9,95 €/mes e permite subir 50 produtos.

A idea é evitar comprar na internet produtos que podemos atopar preto. “Debemos ter en conta que ese produto, aínda que sexa máis barato, debe trasladarse e ten un custo ambiental”, engade o CEO. Ata o momento, atopar a golpe de buscador e telos en casa cun só  clic era a forma de compra máis fácil e trátase de volver a un consumo con sentido común. Coa reactivación do comercio próximo, a plataforma quere impulsar a vida nos barrios e axudarnos a sociabilizar nas nosas compras. “Ademais, debemos ser conscientes de que detrás dun comercio existe unha economía familiar fronte á compra de grandes superficies”, sinala o fundador da innovadora aplicación móbil.

Este empresario axuda tamén a unha congregación de monxas en África con máis de 50 voluntarios para apoiar a pequenos empresarios e artesáns con formación profesional; e ao proxecto dixital EducaMundus, unha biblioteca dos mellores vídeos educativos da etapa escolar para países en desenvolvemento que gañou o primeiro premio de Empodera.org.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)